Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Procesos e Produtos biotecnolóxicos
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Procesos e Produtos biotecnolóxicos Código 610475106
Titulación
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.carmen.veiga@udc.es
Profesorado
Veiga Barbazan, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.carmen.veiga@udc.es
Web http://masterbiotecnologiaavanzada.com/
Descrición xeral IMPORTANTE: As plataformas de guías docentes das dúas universidades, aínda sendo similares, teñen lixeiras diferenzas. En caso de que exista algunha discrepancia entre as guías, terase en conta a publicada na páxina web do máster. NA DOCENCIA DA MATERIA PARTICIPAN TAMÉN OS SEGUINTES PROFESORES DA UVIGO: Francisco Javier Deive Herva (e-mail: deive@uvigo.es) Mª Asunción Longo González (e-mail: mlongo@uvigo.es) Emilio Rosales Villanueva (e-mail: emiliorv@uvigo.es) Conceptos básicos de análise e deseño de procesos biotecnolóxicos, con especial énfasis nos aspectos de integración e boas prácticas. Introducción á optimización, modelado e simulación de procesos biotecnolóxicos.
Plan de continxencia === MEDIDAS EXCEPCIONAIS PLANIFICADAS === Ante a incerta e imprevisible evolución da alerta sanitaria provocada pola COVID- 19, a Universidade establece una planificación extraordinaria que se activará no momento en que as administracións e a propia institución o determinen atendendo a criterios de seguridade, saúde e responsabilidade, e garantindo a docencia nun escenario non presencial ou non totalmente presencial. Estas medidas xa planificadas garanten, no momento que sexa preceptivo, o desenvolvemento da docencia dun xeito mais áxil e eficaz ao ser coñecido de antemán (ou cunha ampla antelación) polo alumnado e o profesorado a través da ferramenta normalizada e institucionalizada das guías docentes DOCNET. === ADAPTACIÓN DAS METODOLOXÍAS === * Metodoloxías docentes que se manteñen / modifican Mantéñense as metodoloxías indicadas na guía; en caso de alerta sanitaria, levaránse a cabo en modalidade non presencial, a través das plataformas docentes e campus remotos das universidades. * Mecanismo non presencial de atención ao alumnado (titorías) Atenderanse as titorías por vía telemática (correo electrónico, campus remoto). * Modificacións (se proceder) dos contidos a impartir Mantéñense os mesmos contidos. * Bibliografía adicional para facilitar a auto-aprendizaxe. A bibliografía proporcionada é suficiente. * Outras modificacións Non proceden. === ADAPTACIÓN DA AVALIACIÓN === Mantense o sistema de avaliación, coa única excepción de que as probas se realizarán de modo non presencial, de ser necesario. * Información adicional Alumnado vulnerable: realizarase a adecuación metodolóxica, facilitándolle información específica adicional, de acreditarse que non pode ter acceso aos contidos impartidos de forma convencional.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes