Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Auditoría de empresas biotecnolóxicas
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A12 A19 A20 B1 B2 B3 B6 B9 B11 B14 C4 C7 O alumno enfróntase a un caso práctico (con máis de 10 desviacións), dispoñerá da documentación necesaria para a súa avaliación e tempo suficiente para o seu estudo. Realízase traballando en grupo, poñendo os achados en común e elevando unha única proposta de desviacións/non conformidades. Todos os alumnos terán a mesma cualificación. 30
Estudo de casos B4 B5 B7 B8 B9 B10 C4 C7 O alumno debe ser capaz de analizar unha serie de supostos, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión.

Entrega e/ou exposición de traballos propostos.

Os traballos documentais que se realicen nesta materia non será necesario entregalos impresos. Entregaranse en formato virtual ou soporte informático a través de Moodle ou en arquivo adxunto ao correo designado para o efecto polo profesor/a.

A porcentaxe de cualificación repartirase equitativamente entre os profesores que fagan uso deste recurso.
30
Proba mixta A12 A19 A20 B12 B13 B15 Exame tipo test con preguntas elaboradas por cada un dos profesor@s que imparten a materia. 40
 
Observacións avaliación

En 1ª oportunidade, para superar a materia, non poderá terse
unha nota inferior a 3,0 nalgunha das actividades enmarcadas na avaliación
global.

O alumno poderá
optar por unha avaliación continua que supoñerá realizar a simulación e o
estudo de casos xunto a unha pequena proba escrita, tipo test, a realizar o
último día de docencia que corresponda á finalización de cada unha das partes
da materia asignada a cada docente, co obxectivo de comprobar a asimilación dos
temas presentados. Se se opta pola avaliación continua, a proba escrita tipo
test consistirá en tres partes, cada unha delas achegará un 13,33% (total:
39,99%) á nota final.

En 2ª oportunidade, a avaliación comprenderá unha proba
mixta e unha práctica que englobará exercicios relacionados co estudo de casos
e a simulación. O alumno poderá optar por realizar aquela/s parte/s que teña con nota inferior a
3,0; a nova nota será o resultado do cálculo realizado coas novas notas obtidas

A avaliación será preferentemente continua, con todo, o estudante
poderase acoller a unha proba de avaliación global. A proba de avaliación
global consistirá nunha proba mixta e unha práctica que englobará exercicios
relacionados co estudo de casos e a simulación.

Os estudantes a tempo parcial que dispoñan de “Dispensa Académica” teñen garantido que a non asistencia a clase non afecta o seu proceso de avaliación. A "Dispensa Académica" non exime ao estudante a tempo parcial da participación en actividades obrigatorias presenciais enmarcadas na avaliación global da materia.

As datas oficiais de exames poden consultarse na páxina web: https://masterbiotecnologiaavanzada.com

A realización fraudulenta das
probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de
“suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico,
tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na
segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de
primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes