Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Aspectos legais e éticos en Biotecnoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A18 A19 B1 B7 B9 B11 B15 En relación aos resultados de aprendizaxe que corresponden á
tipoloxía "facer", avalíase a capacidade de aplicar os
coñecementos adquiridos a un suposto práctico. En particular,
valórase o adecuado manexo das fontes de información e as
habilidades crítica e argumentativa.
25
Proba obxectiva A17 A18 A19 B1 B7 B11 B15 Exame final no que se valorará a conxunción de todos os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso 50
Seminario A17 A18 A19 B1 B7 B10 B11 B12 B15 Avaliarase a orixinalidade, a calidade expositiva, a análise crítica e a capacidade para o debate sobre o tema proposto. 25
 
Observacións avaliación

As datas das probas obxectivas poden consultarse no seguinte enlace.

Terá prioridade para optar á matrícula de honra o alumnado que se presente á primeira convocatoria.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes