Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Aspectos legais e éticos en Biotecnoloxía
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Discusión dirixida A18 A19 B1 B7 B9 B11 B15 C4 C7 En relación aos resultados de aprendizaxe que corresponden á
tipoloxía "facer", avalíase a capacidade de aplicar os
coñecementos adquiridos a un suposto práctico. En particular,
valórase o adecuado manexo das fontes de información e as
habilidades crítica e argumentativa.
40
Proba obxectiva A17 A18 A19 B1 B7 B11 B15 Exame final no que se valorará a conxunción de todos os coñecementos adquiridos polo alumno ao longo do curso 40
Seminario A17 A18 A19 B1 B7 B10 B11 B12 B15 C4 C7 Avaliarase a orixinalidade, a calidade expositiva, a análise crítica e a capacidade para o debate sobre o tema proposto. 20
 
Observacións avaliación

A puntuación da Discusión dirixida dependerá do número e da calidade das intervencións realizadas nas horas dedicadas a tal avaliación. A calidade avaliarase atendendo á corrección con que se presentan as ideas traballadas durante as sesións maxistrais, a consideración dos posibles argumentos xa estudados e a capacidade de ofrecer unha posición ben defendida.

As datas das probas obxectivas poden consultarse no seguinte enlace.

Terá prioridade para optar á matrícula de honra o alumnado que se presente á primeira convocatoria.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

Calquera estudante poderá optar por unha única proba global, en lugar da avaliación continua recollida no apartado anterior. Para isto, deberá comunicalo na data establecida a tal efecto polo decanato. Neste caso, o profesor da materia indicará as condicións desa proba global.

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso na convocatoria en que se cometa: o/a estudante será cualificado con “suspenso” (nota numérica 0) na convocatoria correspondente do curso académico, tanto se a comisión da falta se produce na primeira oportunidade como na segunda. Para isto, procederase a modificar a súa cualificación na acta de primeira oportunidade, se fose necesario.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes