Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Biotecnoloxía animal
   Recomendacións

Materias que se recomenda ter cursado previamente
Enxeñaría xenética e transxénese/610475101
Enxeñaria Celular e Tisular/610475102
Xenómica e Proteómica/610475103

Materias que se recomenda cursar simultaneamente
Organización y Gestión: Gestión Empresarial y Gestión Eficaz del Laboratorio/610475201
Aspectos legais e éticos en Biotecnoloxía/610475203
Análise de alimentos, seguridade alimentaria e trazabilidade/610475302

Materias que continúan o temario
Reproducción asistida/610475502

Observacións

Recoméndase:

Ter coñecementos de inglés a nivel de comprensión de fontes da información científica.

Seguir de forma continuada o desenvolvemento da materia.

Consultar regularmente Campus Virtual/Moovi e o correo electrónico para dispoñer dos materiais e estar o corrente da programación de actividades.

Asistir a titorías para resolver calquera dúbida ou dificultade que poida ter.

Consultar a bibliografía recomendada.

Perspectiva de xénero:

Nesta materia terase presente a perspectiva de xénero, non se tolerarán actitudes sexistas e fomentaranse os valores de respecto e igualdade.

PROGRAMA GREEN CAMPUS FACULTADE DE CIENCIAS

Para axudar a conseguir unha contorna inmediata sostible e cumplir co punto 6 da "Declaración Ambiental da Facultade de Ciencias (2020)", os traballos documentais que se realicen nesta materia:

a. Solicitaranse maioritariamente en formato virtual e soporte informático.

b. De realizase en papel:

- Non se emplearán plásticos.

- Realizaranse impresións a dobre cara.

- Evitarse a realización de borradores.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes