Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Diagnóstico e terapia molecular
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Diagnóstico e terapia molecular Código 610475501
Titulación
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Bioloxía
Departamento profesorado máster
Coordinación
Becerra Fernandez, Manuel
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
Profesorado
Becerra Fernandez, Manuel
Vizoso Vázquez, Ángel José
Correo electrónico
manuel.becerra@udc.es
a.vizoso@udc.es
Web http://masterbiotecnologiaavanzada.com/
Descrición xeral IMPORTANTE: As plataformas de guías docentes das dúas universidades, aínda sendo similares, teñen lixeiras diferenzas. En caso de que exista algunha discrepancia entre as guías, terase en conta a publicada na páxina web do máster. EN LA DOCENCIA DE ESTA MATERIA PARTICIPAN TAMBIÉN LOS SIGUIENTES PROFESORES DE LA UVIGO: Mª Almudena Fernández Briera (e-mail: abriera@uvigo.es) Emilio Gil Martín (e-mail: egil@uvigo.es) Diana Valverde Pérez (e-mail:dianaval@uvigo.es) Materia enfocada al desarrollo de capacidades y competencias en el ámbito de la identificación de los procesos celulares y moleculares responsables de enfermedad en humanos. Es interés de esta Materia, asimismo, el desarrollo de capacidades específicas para el conocimiento y utilización de las herramientas de diagnóstico y terapia molecular.
Plan de continxencia Descrición De acordo co documento sobre ?Medidas extraordinarias e urxentes para ou desenvolvemento dá organización docente non curso 2020/2021 en caso de crise sanitaria? aprobado polo Consello de Goberno do 12 de xuño de 2020 e a Resolución Reitoral ( RR) posterior (17/06) para a súa implementación, cuxa resolución primeira establece que ?ou curso académico comence ou día 21 de setembro de 2020 na modalidade de docencia mixta?, presentamos as liñas de adaptación das metodoloxías e avaliación contempladas na Guía Docente fronte a esta modalidade docente e a alternativa de docencia non presencial, que entraría en vigor por unha RR para o efecto no caso dunha nova alerta sanitaria. Non obstante o anterior, na citada RR do 17 de xuño a súa resolución segunda posibilita que os centros soliciten o comezo do curso na modalidade de docencia exclusivamente presencial dalgunha/s da/s titulación/s xestionada/s por eles, previo acordo da Xunta de Facultade ou comisión con competencia en organización da docencia. Neste senso, a Xunta de Facultade de Bioloxía, na súa reunión do 29 de xuño, aprobou a solicitude a favor de que o Máster en Biotecnoloxía Aplicada obteña a venia para comezar o curso 2020-21 en modalidade presencial, en base a que pola súa cota de matrícula as dotacións de aulas e laboratorios dispoñibles permiten acoller ao máximo posible de alumnos nas condicións de seguridade sanitaria esixidas. Polo tanto, este Plan de Continxencia recolle unicamente as adaptacións previstas para o suposto de docencia non presencial. Plan de continxencia fronte á implantación de docencia en modalidade non presencial Metodoloxía docente Teoría: As sesións de exposición e debate dos contidos desenvolveranse nunha aula virtual do Campus Remoto, acondicionada para a interacción en tempo real cos alumnos. Neste plataforma docente poderanse compartir presentacións e material docente de diversa natureza (vídeos e titoriais web especializados, problemas e casos resoltos, cuestionarios, etc.) sobre os contidos para tratar. Todo este material estará ao dispor do alumnado con anterioridade en FaiTic/Moodle. Prácticas: A práctica de laboratorio abordarase a través dun protocolo comentado e unha serie de vídeos nos que se mostran as distintas técnicas programadas e que os alumnos poderán previsualizar en FaiTic/Moodle. O tempo previsto para a execución experimental destinarase a discutir e explicar pormenorizadamente este material de documentación. Cada vídeo explicativo acompañarase dun conxunto de cuestións, que o alumno deberá contestar como exercicio de asimilación da metodoloxía e tratamento dos resultados. Estas respostas, xunto cunha breve introdución do fundamento da actividade prevista, entregaranse en formato de informe individual da práctica. Realizarase, ademais, unha práctica de computador durante unha das sesións na aula virtual. Explicaranse detalladamente os pasos para seguir para completar a práctica. Guiarase ao alumno durante toda a sesión para resolver as dúbidas que xurdan. Unha vez finalizada a práctica de computador, o alumno preparará un informe individual que, do mesmo xeito que o anterior, será enviado por correo electrónico aos profesores responsables. Sistema de avaliación O sistema de avaliación modificarase co propósito de que a porcentaxe de nota otorgable na proba final diminúa en favor das actividades autónomas desenvolvidas por cada estudante. O novo sistema de avaliación e as ponderacións dos seus diferentes partes queda do modo seguinte: Informe da práctica experimental: 25% Informe da práctica de computador: 25% Exame final: 50% (a realizar na data prevista a través das plataformas virtuais da UVI e UdC e unha aula virtual do Campus Remoto da UVI). Atención personalizada Levaránse a cabo titorías de grupo (ou individuais a demanda) na aula virtual habilitada no Campus Remoto. Por esta canle monitorarase a aprendizaxe dos estudantes e atenderase a resolución de dúbidas. Parte destes labores poderán abordarse alternativamente a través do correo electrónico.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes