Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Biotecnoloxía Avanzada
 Asignaturas
  Xestión, Innovación e Emprendemento en Bioempresas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos contidos sobre a materia obxecto de estudio, bases teóricas e directrices do traballo, exercicio o proxecto a desenvolver polo estudantado.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Actividades iniciais Actividades iniciais ao proceso de ensino-aprendizaxe (interese na materia, persoas que xa teñen unha idea de emprendemento, formación de grupos, búsquedas de posibles ideas de negocio, etc).
Portafolios do alumno É unha carpeta ou arquivador ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumno nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesor, o que lle permite visualizar o progreso do alumno. O portafolios ou carpeta inclúe todo o que fai o alumno, como: apuntes ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumes, probas escritas, autoavaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumno realizado polo profesor, etc.
Traballos tutelados Os estudantes en grupo, elaboran de maneira autónoma un documento sobre a creación dunha empresa ou proxecto innovador co fin de demostrar que adquiriron as competencias inherentes ao emprendemento
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes