Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Bioloxía Mariña
 Asignaturas
  Técnicas de Mostraxe e Recoñecemento de Organismos e Comunidades Mariñas
   Contidos
Temas Subtemas
Métodos de mostraxe para a obtención de plancto, bentos e necton. Separación, fixación e conservación das mostras. Observación in vivo das especies intermareais e infralitorais máis relevantes da flora e a fauna mariñas de Galicia. Principais caracteres taxonómicos da flora e fauna mariñas de Galicia. Identificación das especies. Recoñecemento e interpretación das comunidades.

FLORA E FAUNA INTERMAREAL (ROCHEDOS E SEDIMENTO). Explicación in situ da zonación e estrutura das comunidades intermareais de substrato rochoso e sedimentario. Recollida de material: revisión dos diferentes métodos, directos e indirectos, empregados para a recollida da fauna e flora de rocha, area e lodo. Recollida a pé na zona intermareal. Tratamento, separación e preparación das mostras: o remonte. Observación in vivo e estudo no laboratorio da flora e fauna obtidas, con especial dedicación ás algas.

FLORA E FAUNA SUBLITORAL (ROCHEDOS E SEDIMENTO). Explicación in situ, a bordo do barco Polybius, da metodoloxía de recolección con
escafandro autónomo: técnicas e materiais. Recollida mediante mergullo con escafandro autónomo de fauna e flora intermareal de rocha.- Explicación in situ, a bordo do barco Polybius e da planadora Adamsia, da metodoloxía de recolección mediante métodos indirectos: dragas de actuación horizontal e vertical, dragas cualitativas e cuantitativas. Recollida de sedimento coa draga da actuación horizontal Rectangular de Naturalista e coa draga de actuación vertical van Veen. Recollida de epifauna sedimentaria mediante a draga Agassiz trawl. Peneirado, separación e preparación das mostras.- Demostración no laboratorio da metodoloxía de estudo da meiofauna. Separación e observación in vivo de fauna intersticial.

FLORA E FAUNA PLANCTÓNICAS. Recollida de material mediante mangas de plancto. Observación in vivo e estudo no laboratorio do fitoplancto e zooplancto obtidos.

TRATAMENTO DA INFORMACIÓN. Recoñecemento e interpretación das comunidades. Organización dos datos obtidos para a súa elaboración
posterior.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes