Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Neurociencia (Plan 2011)
 Asignaturas
  Evolución do Sistema Nervioso
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Durante estas, o profesorado presentará os principais contidos da materia.
Seminario Durante estes, o alumnado presentará os traballos elaborados baixo a supervisión do profesor. Para a súa preparación utilizaranse revisións científicas recentes e outros recursos bibliográficos. Os traballos remitiranse en formato dixital.
Prácticas de laboratorio Estudarase a organización do sistema nervioso en imaxes, facendo referencia aos cambios evolutivos acontecidos. Así mesmo, resolveranse os casos prácticos propostos.
Debate virtual Dedicarase unha sesión á discusión dun tema específico (artigo científico) por parte do alumnado, intervindo o profesor como moderador.
Actividades iniciais Dedicarase unha primeira sesión á presentación da materia onde se exporán os distintos apartados contidos na guía docente (estruturación, competencias, programa-contidos, planificación, metodoloxía, avaliación, recursos bibliográficos, etc.) e onde o/a alumno/a poderá expor calquera dúbida ou cuestión relativa aos mesmos. Tanto a guía docente como un cronograma coas actividades a desenvolver durante o cuadrimestre estarán a disposición do alumnado na plataforma Campus Virtual UDC.
Proba mixta Realización dunha proba (exame) baseada en preguntas de resposta curta (ou relativamente curta) e/ou tipo test que representará o 50% da cualificación final.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes