Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Neurociencia (Plan 2011)
 Study programme competences


TypeA Code  
  Research guided
  AR1 Identificar e explicar a organización celular e funcional das principais estruturas do sistema nervioso central e periférico.
  AR2 Describir o proceso de desenvolvemento do sistema nervioso. Explicar o proceso de cambio adaptativo do sistema nervioso dentro do marco evolutivo.
  AR3 Explicar o proceso de cambio adaptativo do sistema nervioso dentro do marco evolutivo.
  AR4 Explicar o funcionamento das neuronas dende o nivel molecular ao celular.
  AR5 Describir a relación entre as canles iónicas e o comportamento neuronal.
  AR6 Explicar os mecanismos de interacción de fármacos e toxinas co sistema nervioso.
  AR7 Explicar os principios de integración neuroendocrina como base para o control do comportamento.
  AR8 Deseñar e realizar experimentos coas técnicas electrofisiolóxicas, anatómicas e de bioloxía molecular máis utilizadas no estudo do sistema nervioso.
  AR9 Comprender as bases biolóxicas da cognición e das emocións con especial énfase en procesos de atención, aprendizaxe, memoria e control executivo, tendo en conta os cambios que se producen coa idade.
  AR10 Coñecer os principais métodos empregados pola neurociencia cognitiva actual, con especial acento nas técnicas psicofisiolóxicas, neuropsicolóxicas e de neuroimaxe.
  AR11 Familiarizarse coas posibles aplicacións da neurociencia cognitiva tanto para o estudo dos procesos normais coma dalgunhas patoloxías. Integrar as bases conceptuais e metodolóxicas da psiquiatría na investigación básica e clínica das patoloxías psiquiátricas e das condutas aditivas.
  AR12 Integrar as bases conceptuais e metodolóxicas da psiquiatría na investigación básica e clínica das patoloxías psiquiátricas e das condutas aditivas.
  AR13 Alcanzar competencia específica no manexo da técnica dos potenciais evocados no estudo dos procesos psíquicos.
TypeB Code  
  Research guided
  BR1 Coñezan os fundamentos da neurociencia e as materias desta obxecto do seu interese.
  BR2 Coñezan e saiban utilizar as técnicas experimentais dos campos da neurociencia obxecto do seu interese.
  BR3 Posúan un grao de especialización, o que significa o coñecemento de problemas, teorías e técnicas específicas, en polo menos un campo da neurociencia.
  BR4 Saiban ler e obter información relevante de publicacións científicas.
  BR5 Saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en ámbitos novos ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa neurociencia.
  BR6 Sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuízos;
  BR7 Teñan competencia na presentación oral e escrita de resultados científicos a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüidades.
  BR8 Saiban traballar en grupos de carácter multidisciplinar
  BR9 Posúan capacidade de reflexión sobre as responsabilidades éticas e sociais da aplicación da investigación.
  BR10 Posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en boa medida autodirixido ou autónomo.
TypeC Code  
  Research guided
  CR1 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CR2 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CR3 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CR4 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CR5 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CR6 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CR7 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CR8 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes