Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Fronteiras na Química Inorgánica Actual
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Son clases presenciais en grupo, normalmente en formato de lección maxistral, nas que se exporán os contidos formativos teóricos da materia na aula. Trataranse os aspectos fundamentais da materia para que o alumnado posteriormente poida completar os contidos a nivel individual.
Seminario Actividade impartida en grupos moi reducidos. A súa metodoloxía recolle unha serie de actividades (sesións de debate e discusión dirixida, problemas, casos, etc...) que permitan a aplicación dos contidos teóricos na resolución de diferentes cuestións propostas con antelación polo profesor. Con elas preténdese repasar e aclarar cuestións fundamentais, así como fomentar a participación activa e crítica do alumnado.
Prácticas de laboratorio Como complemento das sesións maxistrais realizaranse sesións prácticas de traballo no laboratorio. O alumnado ten a obriga de participar nesta actividade docente, e a non realización desta actividade impedirá a superación da materia.
Estudo de casos Impartiranse en grupos moi reducidos de alumnos. Neles formularanse e desenvolveranse diferentes experimentos, cálculos ou procedementos de tratamento e análise de datos, ademais de interpretar os resultados obtidos. O seu obxectivo é capacitar ao alumnado para realizar traballos experimentais e/ou analizar e procesar datos. Ademais, serán un complemento para as clases expositivas e os obradoiros, e un instrumento eficaz para estimular nos estudantes as súas facultades científicas, mellorar a súa destreza no laboratorio ou no entorno de traballo e desenvolver o seu razoamento crítico e a comprensión dos procesos baixo estudo. O alumnado, en xeral, deberá ser quen de deseñar e rexistrar adecuadamente os seus propios procedementos.
Traballos tutelados Complementan tanto a docencia expositiva como aquela tratada nos obradoiros e seminarios. Poderán realizarse mediante emprego das TICs, con resultados publicados en aberto, o que lles proporcionará un valor engadido, ao deixaren de ser un produto de uso interno de alumnado e profesorado e pasar a ser información dispoñible publicamente.
Proba obxectiva Utilizarase non só para avaliar o grao de adquisición de competencias do alumnado, senón tamén como unha ferramenta de retroalimentación para o profesorado que lle permita detectar aqueles aspectos da materia que presenten unha maior dificultade de comprensión.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes