Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Fronteiras na Química Inorgánica Actual
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A1 A3 A4 A9 A20 B1 B2 B3 B5 B6 C3 C1 C4 C5 C6 C9 C11 Avaliarase o grao de aproveitamento do traballo práctico realizado, así como os diferentes informes que o alumando terá que emitir.
A: 1,3,4,9,20
B: 1,2,5,6
C: 4,5,6,9,11
20
Traballos tutelados A1 A3 A4 A9 A20 B1 B2 B5 B6 C4 C5 C6 C9 C11 Avaliaranse os traballos realizados polo alumnado, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía.
A: 1,3,4,9,20
B: 1,2,5,6
C: 4,5,6,9,11
20
Seminario A1 A3 A4 A9 A20 B1 B2 B5 B6 C4 C5 C6 C9 C11 Cualificarase a participación e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado.
A: 1,3,4,9,20
B: 1,2,5,6
C: 4,5,6,9,11
10
Proba obxectiva A1 A3 A4 A8 A20 B1 B2 B5 B6 C4 C5 C9 C11 Será unha proba de conxunto que se celebrará ao final do semestre. Dita proba consistirá na realización dun caso práctico, relacionado con contidos tratados ao longo da asignatura.
A: 1,3,4,8,20
B: 1,2,5,6
C: 4,5,9,11
30
Prácticas de laboratorio A1 A2 A3 A4 A8 A9 A11 A22 B1 B2 B5 B6 B7 C9 C11 O profesor avaliará o traballo experimental do alumno, en particular no que se refire á planificación, organización, destreza e análise de resultados obtidos.
A: 1,2,3,4,8,9,11,22
B: 1,2,5,6,7
C: 4,5,9,11

20
 
Observacións avaliación
Para superar a materia o alumnado deberá sumar un mínimo de 50 puntos (sobre un máximo de 100) entre as diferentes actividades avaliables, así como obter unha cualificación mínima de
15 puntos (sobre 30) na proba obxectiva.


Dentro do contexto dunha "avaliación continua" e de acordo co contido do escrito "Probas de Avaliación e Actas de Cualificación de Grao e Mestrado", a chamada "segunda oportunidade de xullo" enténdese exclusivamente como unha segunda oportunidade de realización da proba mixta. Porén, na devandita oportunidade realizarase de novo a proba mixta e á cualificación obtida nesta sumaranse as obtidas durante o curso nas outras actividades. As porcentaxes serán as mesmas que na "primeira oportunidade".


As matrículas de honra (M.H.) outorgaranse prioritariamente aos alumnos que aprobaran a materia na primeira oportunidade, e só se outorgarán na chamada "segunda oportunidade" se o número máximo daquelas non se cubriu na súa totalidade na primeira.



Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de titorías (estudo de casos, traballos tutelados, seminarios, resultados obtidos nos test e nas titorías de avaliación...) configurarán ata un máximo de 70 puntos na cualificación final, o resto (ata un máximo de 30 puntos) corresponderá á nota obtida polo alumnado na proba mixta. A porcentaxe de dispensa asociado ás titorías de avaliación determinarase en función do número de actividades docentes que deban ser avaliados mediante esta metodoloxía. Unha vez coñecido o seu número, este ponderarase sobre o total para cada unha das actividades e prefixarase o número de titorías nas que ese alumnado deberá participar. No caso de que este alumnado non supere a materia na "primeira oportunidade", as cualificacións obtidas mediante este sistema de titorías reservaranse para a "segunda oportunidade", e sumaranse á nota obtida na proba obxectiva desa convocatoria para determinar a cualificación final acadada.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes