Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Métodos Estatísticos para Datos Medioambientais
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A12 B5 B6 C6 C9 C10 Asistencia e participación nas clases de sesión maxistral. 5
Solución de problemas A1 A3 A12 B3 C3 C1 C6 C10 Asistencia e participación na resolución de problemas en clase. 5
Aprendizaxe colaborativa A3 A12 Os alumnos analizarán os datos e expoñerán as conclusións nun traballo, ben de forma individual ou en grupo. 90
 
Observacións avaliación

Valorarase positivamente a asistencia ás clases, así como a actitude e a
participación dos alumnos nas mesmas cun peso de ata o 10% da nota final. A
asistencia mínima será non inferior ó 80% das horas presenciais (salvo
ausencias debidamente xustificadas). O restante 90% da nota virá dada pola
realización e posible exposición de traballos tutelados. Na corrección dos traballos
teranse en conta os aspectos formais para a resolución dos problemas
plantexados, a claridade nas exposicións e a capacidade de defensa dos
argumentos presentados no traballo escrito, así como de ser o caso presentación oral dos
resultados acadados. Requisito sine qua non para superar a asignatura é superar
as distintas actividades (exercicios, traballos tutelados) propostas polo profesorado. A nota final da asignatura
será a suma ponderada das cualificacións de cada bloque temático.

Para os estudantes co recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, o 100% da nota virá dada pola realización dos traballos tutelados ainda que, obviamente, están liberados da obriga de defendelos oralmente.

Para obter a calificación de NP (Non Presentado), o alumno non poderá ter participado nas actividades de aprendizaxe colaborativa.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes