Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Calidade da Auga
   Resultados de aprendizaxe
Resultados de aprendizaxe Competencias do título
Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro. AM1
Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural. AM3
Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais. AM6
Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade. AM10
Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais. AM14
Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade. AM19
Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo. BM2
Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e xuizos. BM3
Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades. BM4
Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado. BM6
Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental. BM8
Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais. CM1
Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade. CM2
Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma. CM4
Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común. CM7
Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse. CM9
Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socieconómico e cultural da sociedade. CM11
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes