Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Recursos Enerxéticos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A17 A18 B3 B6 C4 C7 C9 Realización das tarefas encomendadas nos distintos casos a estudo. 20
Seminario A18 B2 B6 C6 Realización das distintas tarefas plantexadas (problemas, discusións críticas...) 20
Traballos tutelados A17 A18 B2 B3 B4 B6 C4 C6 C9 Realización de traballos solicitados polos distintos profesores sobre temáticas contidas no programa da materia. 20
Proba de resposta múltiple B2 B6 Exame tipo test sobre os contidos dos distintos módulos da materia. 20
Sesión maxistral A18 B3 B4 B6 B8 Asistencia as clases e participación nas mesmas. 20
 
Observacións avaliación

A asistencia a un mínimo de sesións maxistrais (75%) e obrigatoria para á evaluación do alumno. O alumno considérase non presentado cando non asiste ó mínimo das sesións maxistrais, independentemente da nota acadada nas distintas metodoloxías que se evalúan.

Na primeira oportunidade

-   Avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e proba escrita. A Cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

-   É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 75% de asistencia ás sesións presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado.

 

Na segunda oportunidade

-   O alumnado que asistíu a lo menos ó 75% das sesiones deberá repetir as partes nón superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).

-   Os estudantes que non alcanzaran o porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso-

-   En calquera caso casos, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10).

 

Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

-   Deberán poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase

-   Na primeira oportunidad, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso e entregálos nas datas que estableza o profesorado. A cualificación final será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10).

-   Na segunda oportunidad, deberán repetir ás partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita).


Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes