Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias. Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Asignaturas
  Reactividade Orgánica e Química Organometálica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A3 A4 A5 B2 B3 B4 B6 C3 C5 C9 C11 Valorarase o traballo realizado na resolución dos problemas propostos sobre química organometálica, mediante a entrega destes e a exposición de resultados. 40
Traballos tutelados A11 B1 B2 B6 C3 C6 Valorarase a elaboración do traballo de revisión bibliográfica e modelización computacional dalgún sistema de interese para o alumno. 30
Prácticas de laboratorio A2 A3 A5 A11 B1 B2 B6 C6 Avaliación continua do traballo no laboratorio onde se terá en conta o interese e a actitude do alumno, a destreza alcanzada nos procedementos experimentais e a utilización das ferramentas informáticas para a modelización molecular e a cantidade e complexidade dos sistemas modelizados. 20
Presentación oral A3 A4 A11 B1 B2 B4 C11 Avaliación da exposición oral correspondente ao traballo de modelización computacional. 10
 
Observacións avaliación

A asistencia ás actividades programadas é obrigatoria. Excepcionalmente, no caso de que o estudante, por razóns debidamente xustificadas, non puidera realizar todas as probas de avaliación continua (prácticas, seminarios e presentación oral), o profesor adoptará as medidas que considere oportunas para non prexudicar a súa cualificación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes