Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Ciencias, Tecnoloxías e Xestión Ambiental (plan 2012)
 Study programme competences / results


TypeA Code  
  Compound
  AC1 Coñecemento das realidades interdisciplinares da Química e do Medio Ambiente, dos temas punteiros nestas disciplinas e das perspectivas de futuro.
  AC2 Deseño de novas especies químicas e materiais con propiedades determinadas.
  AC3 Capacitar ao alumno para o desenvolvemento dun traballo de investigación nun campo da Química ou do Medio Ambiente, incluíndo os procesos de caracterización de materiais, o estudo das súas propiedades fisicoquímicas e biolóxicas e dos procesos que poden sufrir no medio natural.
  AC4 Coñecer en profundidade as características e fundamentos de diversos modelos químicos para o estudo de sistemas orgánicos, inorgánicos e biolóxicos, incluídos os materiais con proxección tecnológica.
  AC5 Capacitación para o deseño de vías de síntese e retrosíntese de novos compostos.
  AC6 Coñecemento do comportamento de diferentes especies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as súas relacións entre distintos compartimentos ambientais.
  AC7 Coñecer o marco teórico e as aplicacións da electroquímica e da fotocatálise nos campos da enerxía e o medio ambiente.
  AC8 Coñecer os fundamentos das interaccións intermoleculares e as súas aplicacións no campo da catálise supramolecular,recoñecemento molecular e biocatálise.
  AC9 Coñecer algunhas aplicacións básicas da química computacional e dos programas de cálculo máis utilizados nos ámbitos da química e o medio ambiente.
  AC10 Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade e biodisponibilidade.
  AC11 Coñecer as distintas técnicas experimentais e computacionales orientadas á caracterización de mecanismos de reacción.
  AC12 Coñecer as distintas estratexias para o tratamento estatístico de series de datos relacionadas con datos ambientais.
  AC13 Comprender os procesos de bioacumulación e as técnicas de biomonitorización e biomarcaxe.
  AC14 Coñecer as principais propiedades fisicoquímicas das augas naturais, relacionalas coa súa calidade e entender as principais tecnoloxías de tratamento de augas naturais.
  AC15 Coñecer os indicadores de calidade do chan e do aire, os procesos de distribución de contaminantes e as tecnoloxías de recuperación e aplicación en cada caso.
  AC16 Comprender a problemática asociada aos resíduos, os modos de xestionalos e as principais tecnoloxías de tratamento de resíduos.
  AC17 Coñecer a problemática asociada coa enerxía e as súas fontes, as tecnoloxías máis empregadas actualmente e as de futuro.
  AC18 Coñecer as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientais.
  AC19 Coñecemento e interpretación da lexislación, normativa e procedementos administrativos básicos sobre medios acuosos, chans e atmosferas. Comprensión das bases científicas e económicas da sustentabilidade.
  AC20 Coñecemento dos principais tipos de produtos naturais: enzimas, receptores moleculares, etc. Entender a súa participación en procesos de catálise e autoensamblaxe.
  AC21 Comprender os fundamentos dos procesos de calidade e o modo de xestionalos.
  AC22 Dominar as técnicas instrumentais de análises máis típicas no ámbito químico profesional.
  AC23 COM 1 - Xerar procedementos e actuacións científicas, tecnolóxicas e de xestión para a resolución de problemas ambientais, dende o entorno da química, a bioloxía, a nanociencia e nanotecnoloxía. TIPO: Competencias
  AC24 COM 2 - Planexar a realización dun traballo profesional ou de investigación no ámbito do medio ambiente, considerando: o estudo e caracterización de materiais e/ou substancias, a súas propiedades fisicoquímicas, biolóxicas e toxicolóxicas, os procesos de distribución- transformación e os seus posibles efectos, propoñendo tecnoloxías para a súa monitorización e/ou tratamento, tomando en consideración a lexislación aplicable e elaborando informes profesionais que faciliten a comprensión aos destinatarios. TIPO: Competencias
  AC25 CON 1 - Identificar os principais problemas ambientais, e os desafíos que conlevan en relación cos Obxectivos de Desenvolvimento Sostible (ODS), recoñecendo as suas causas e potenciais efectos, asemade as tecnoloxías e os sistemas de xestión ambiental a disposición para abordalos. TIPO: Coñecementos e contidos
  AC26 CON 2 - Describir o comportamento de diferentes espécies químicas e dos procesos aos que poden estar sometidas unha vez liberadas no medio ambiente, incluíndo as interaccións entre distintos compartimentos medioambientais. TIPO: Coñecementos e contidos
  AC27 CON 3 - Definir indicadores de calidade do ár, auga e solo, identificando as súas propiedades e os procesos de distribución en cada medio, a súa avaliación e métodos de análise. TIPO: Coñecementos e contidos
  AC28 CON 4 - Relacionar a problemática asociada coa enerxía e as súas fontes, distinguindo as tecnoloxías empregadas actualmente e as máis innovadoras na xeración, transporte, distribución e almacenamento. TIPO: Coñecementos e contidos
  AC29 CON 5 - Asociar as implicacións económicas dos problemas ambientais, os instrumentos de política económica e os principais indicadores ambientales con criterios de sostibilidade, tanto no sector público como no da empresa privada, de xeito que se contribúa ao desenvolvemento económico, político e social TIPO: Coñecementos e contidos
  AC30 CON 6 - Interpretar a lexislación, normativa e os procedementos administrativos básicos sobre atmosfera, medio acuático e solo, revisando a avaliación de impacto ambiental e a lexislación sectorial no marco da economía circular. TIPO: Coñecementos e contidos
  AC31 HAB 1 - Seleccionar as principais tecnoloxías para a resolución de problemas ambientais relacionados coa calidade do ár, do medio acuático e de solos, considerando os obxectivos de desenvolvemento sostible. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC32 HAB 2 - Aplicar os principios básicos da xestión ambiental e a avaliación de impacto ambiental, tendo en conta os requerimentos lexislativos pertinentes e a implementación de tecnoloxías para a remediación e/ou a protección ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC33 HAB 3 - Relacionar a presenza de especies químicas no medio natural cos conceptos de toxicidade, biodispoñibilidade e bioacumulación. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC34 HAB 4 - Empregar metodoloxías eficientes de análise, incluíndo o tratamento e caracterización da mostra (química e biolóxica), para a determinación de contaminantes ambientais considerando os avances e tendencias actuais a nivel de macro/ micro/nano escala. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC35 HAB 5 - Aplicar conceptos ecolóxicos a nivel de individuo, poboación e comunidade, asemade técnicas de biomonitorización e ecotoxicoloxía para contaminantes de interese ambiental. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC36 HAB 6 - Relacionar a problemática ambiental das emisións á atmosfera cos principais contaminantes, fontes emisoras, emisións industriais, control da calidade do ár e tecnoloxías de tratamento. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC37 HAB 7 - Establecer a calidade das augas naturais en función do seu uso, impactos recibidos sobre o medio, incluíndo o establecemento de indicadores químicos e biolóxicos e plantexar posibles tratamentos de depuración. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC38 HAB 8 - Avaliar o comportamento do solo fronte a accións antropoxénicas, planificación do seu uso en función dos resultados obtidos mediante as técnicas de estudo, identificando solos degradados e contaminados e os procesos de recuperación. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC39 HAB 9 - Aplicar distintas estratexias para o tratamento estatístico de datos relacionados con estudos medioambientais, empregando ferramentas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC). TIPO: Habilidades e destrezas
  AC40 HAB 10 - Empregar los conceptos e metodoloxías necesarios para afrontar os retos da transición enerxética e do modelo liñal ao modelo circular da economía. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC41 RAC 1.5 - Identificar oportunidades e retos que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social en liña co recollido nos ODS. TIPO: Coñecementos e contidos
  AC42 RAC 2.3 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias
  AC43 RAC 3.1 - Empregar ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión. TIPO: Habilidades e destrezas
  AC44 RAC 4.2 - Transferir o coñecemento obtido aplicando na práctica solucións novedosas e creativas, relacionadas coa protección do medio ambiente, e os retos emerxentes asociados, que contribúan a un desenvolvemento sostible ambiental, económico, político e social, adaptado ao entorno social e económico. TIPO: Competencias
  AC45 RAC 5.1 - Expresar as ideas e argumentos de forma clara e con corrección, tanto de xeito oral como escrito, nas línguas oficiais da comunidade autónoma. TIPO: Coñecementos e contidos
  AC46 RAC 6.1 - Valorar o emprendemento como elemento fundamental do impacto da universidade na sociedade e coñecer os recursos ao alcance de persoas emprendedoras. TIPO: Competencias
TypeB Code  
  Compound
  BC1 Posuír e comprender coñecementos que acheguen unha base ou oportunidade de ser orixinais no desenvolvemento e/ou aplicación de ideas, a miúdo nun contexto de investigación.
  BC2 Que os estudantes saiban aplicar os coñecementos adquiridos e a súa capacidade de resolución de problemas en contornas novas ou pouco coñecidos dentro de contextos máis amplos (ou multidisciplinares) relacionados coa súa área de estudo.
  BC3 Que os estudantes sexan capaces de integrar coñecementos e enfrontarse á complexidade de formular xuízos a partir dunha información que, sendo incompleta ou limitada, inclúa reflexións sobre as responsabilidades sociais e éticas vinculadas á aplicación dos seus coñecementos e suizos.
  BC4 Que os estudantes saiban comunicar as súas conclusións e os coñecementos e razóns últimas que as sustentan a públicos especializados e non especializados dun modo claro e sen ambigüedades.
  BC5 Que os estudantes posúan as habilidades de aprendizaxe que lles permitan continuar estudando dun modo que haberá de ser en gran medida autodirixido ou autónomo.
  BC6 Ser capaz de analizar datos e situacións, xestionar a información dispoñible e sintetizala, todo iso a un nivel especializado.
  BC7 Ser capaz de planificar adecuadamente desenvolvementos experimentais, a un nivel especializado.
  BC8 Comprender, a un nivel especializado, as consecuencias do comportamento humano na contorna ambiental.
TypeC Code  
  Compound
  CC1 Ser capaz de traballar en equipos, especialmente nos interdisciplinares e internacionais.
  CC2 Ser capaz de manter un pensamento crítico dentro dun compromiso ético e no marco da cultura da calidade.
  CC3 Ser capaz de adaptarse a situacións novas, mostrando creatividade, iniciativa, espírito emprendedor e capacidade de liderado.
  CC4 Expresarse correctamente, tanto de forma oral coma escrita, nas linguas oficiais da comunidade autónoma.
  CC5 Dominar a expresión e a comprensión de forma oral e escrita dun idioma estranxeiro.
  CC6 Utilizar as ferramentas básicas das tecnoloxías da información e as comunicacións (TIC) necesarias para o exercicio da súa profesión e para a aprendizaxe ao longo da súa vida.
  CC7 Desenvolverse para o exercicio dunha cidadanía aberta, culta, crítica, comprometida, democrática e solidaria, capaz de analizar a realidade, diagnosticar problemas, formular e implantar solucións baseadas no coñecemento e orientadas ao ben común.
  CC8 Entender a importancia da cultura emprendedora e coñecer os medios ao alcance das persoas emprendedoras.
  CC9 Valorar criticamente o coñecemento, a tecnoloxía e a información dispoñible para resolver os problemas cos que deben enfrontarse.
  CC10 Asumir como profesional e cidadán a importancia da aprendizaxe ao longo da vida.
  CC11 Valorar a importancia que ten a investigación, a innovación e o desenvolvemento tecnolóxico no avance socioeconómico e cultural da sociedade.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes