Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
 Asignaturas
  Determinación Estrutural Avanzada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Seminario Proponse levar a cabo 12 sesións de seminarios de problemas de grupo reducido onde o alumnado resolverá os problemas propostos polo profesorado nos boletíns correspondentes. O alumnado disporá con suficiente antelación de ditos boletíns na plataforma virtual da materia para que os elabore individualmente ante da realización das clases. Tamén se empregarán para a resolución de dubidas que xurdan do temario. A asistencia será obrigatoria.
Traballos tutelados Proponse esta actividade como a supervisión de traballos dirixidos, aclaración de dúbidas sobre a teoría ou as prácticas, problemas, exercicios, lecturas ou outras tarefas propostas; así como a presentación, exposición, debate ou comentario de traballos individuais ou realizados en pequenos grupos. En moitos casos o profesorado esixirá ao alumnado a entrega previa de exercicios. A asistencia a estas clases é obrigatoria.
Proba mixta Proba final que contribuirá a avaliación do nivel de coñecementos e competencias adquiridas polo alumnado.
Sesión maxistral Nestas sesións de grupo grande desenvolverase os contidos teóricos da materia acompañados dos correspondentes exemplos ilustrativos. O alumnado disporá do material que se vai a impartir, antes da realización da actividade. Fomentarase en todo momento a participación activa do alumnado.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes