Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Procesos Industriais e Sustentabilidade
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Procesos Industriais e Sustentabilidade Código 610509104
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Martinez Cebeira, Montserrat
Correo electrónico
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
Profesorado
Blas Varela, Andrés M. de
Martinez Cebeira, Montserrat
Correo electrónico
andres.blas@udc.es
monserrat.martinez.cebeira@udc.es
Web
Descrición xeral Esta materia é clave no módulo de Formación Obrigatoria en Química Avanzada, porque serve de introdución á especialidade de Química e Economía Industrial e proporciona conceptos básicos en relación cos procesos da industria química e a sustentabilidade que deben coñecer todos os alumnos que cursen calquera especialidade deste máster. A materia ten interese tanto para os estudantes que vaian desenvolver unha carreira docente-investigadora como os que traballen na empresa. O gran impacto e repercusión da química na calidade de vida da nosa sociedade é indiscutible. O sector industrial ha asumido as formulacións da química como unha necesidade fundamental, apostando pola innovación tecnolóxica nos procesos de produción. Esta materia contribúe á formación de mozos científicos e tecnólogos na área da química industrial básica, capacitándolles para incorporar os seus conceptos e metodoloxías ao deseño e desenvolvemento de procesos sustentables, tanto no ámbito da investigación como no da produción industrial, así como para realizar unha análise crítica sobre o grao de cumprimento dos postulados de Química Sustentable en distintos tipos de procesos químicos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Sen modificación. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as metodoloxías mantéñense, se a situación así o recomenda a docencia pasará a impartirse de forma telemática mediante Teams. No caso de que non se poida realizar de forma presencial, a visita a instalacións industriais realizaríase de maneira virtual mediante un vídeo que se proxectará na aula ou mediante Teams. Tamén a proba realizaríase de maneira telemática. No caso de que parte do alumnado non poida conectarse e seguir as clases en tempo real, se utilizarán medios asíncronos (correo electrónico, grabacións das sesións expositivas, tutoriais máis personalizados ...). *Metodoloxías docentes que se modifican As probas obxetivas serán probas en líña que se llevarán a cabo utilizando Moodle ou ferramientas equivalentes, faciendo un seguimento a través da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O seguimento realizarase durante as sesións por Teams durante as cales se manterá unha interacción similar á das sesións presenciais. Correo electrónico: Os alumnos poderán solicitar tutorías de apoio ou para resolver dúbidas, se non é posible resolvelas por ese medio concertarase unha tutoría por Teams. Moodle: utilizárase tanto o foro como o sistema de correo e mensaxería corporativo. 4. Modificacines na avaliación *Observacións de avaliación: O sistema de avaliación manterase sen modificación pero as actividades, incluída a proba mixta, realizaranse de maneira telemática (en liña). O alumnado que non poida seguir actividades sincrónicas en líña serán evaluados por actividades equivalentes realizadas de forma asíncrona. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Sen modificación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes