Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Química de Coordinación Aplicada
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química de Coordinación Aplicada Código 610509110
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Fernandez Lopez, Alberto A.
Correo electrónico
alberto.fernandez@udc.es
Profesorado
Fernandez Lopez, Alberto A.
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
alberto.fernandez@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Este curso enmárcase na especialidade de Química Sintética dedicado ao estudo da síntese e propiedades de diversas especies químicas. Dentro de dita especialidade escolléronse algúns tipos de compostos que, xa sexa polas súas especiais características, xa sexa polas súas aplicacións futuras, merecen un estudo detallado. Tendo isto en conta, a Química da Coordinación merece un estudo aparte, tanto polas particulares características dos compostos de coordinación como polos seus métodos de sínteses. Desde outro punto de vista, os chamados complexos preséntanse nunha variedade estrutural enorme que vai desde especies de dimensión molecular pasando por agregados supramoleculares, polímeros mono-, bi-, e tridimensionáis, ata chegar ao chamados Metal Organic Frameworks (MOFs) que forman redes tridimensionáis ordenadas. Dada esta enorme variedade estrutural, non é de sorprender que o número de propiedades e aplicacións que presentan sexa tamén diverso. Todas estas razóns xustifican a súa inclusión tanto na especialidade de Química sintética como nun Máster dedicado ao estudo da Química.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificación nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Clase Maxistral, seminario e proba mixta. *Metodoloxías docentes que se modifican Non hai modificación nas metodoloxías docentes, salvo que pasarán a ser impartidas de forma sincrónica ou asincrónica utilizando a plataforma Moodle e Teams ou calquera outra que a UDC poña a disposición dos alumnos 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico, a demanda do alumno. Teams (ou outra plataforma similar), a petición do alumno 4. Modificacións na avaliación Non hai modificacións na metodoloxía ou porcentaxe de avaliación das distintas actividades. *Observacións de avaliación: Caso de que as sesións maxistrais ou clases de seminario non se poidan celebrar de forma sincrónica, a asistencia e participación activa nestas actividades non será avaliada. A proba mixta levará a cabo utilizando Moodle, Teams ou calquera outra plataforma de teleformación que a UDC poña a disposición da comunidade universitaria. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificación.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes