Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Química Organometálica
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Actividade presencial na que se presentan os aspectos mais destacados do programa. Non obstante, a pesares de ser clases expositivas, requerirase nelas a participación do alumnado. É conveniente co alumno, con anterioridade o de cada clase, lea a bibliografía recomendada nas partes relacionadas co tema a tratar.
Solución de problemas Clases en pequenos grupos, concibidas como un conxunto de actividades nas que o alumno debe participar activamente. Dedicaranse a resolver os boletíns de preguntas e problemas que previamente se lles entregaron. Unha vez na clase, os alumnos discutirán as respostas ás diferentes preguntas cos seus compañeiros, establecendo un debate.
Análise de fontes documentais Metodoloxía que mediante o uso de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos postos a disposición do estudante, axudarán ao alumno a traballar contidos relevantes para a materia. Para iso, entre a documentación proposta, o alumno deberá escoller un tema e levar a cabo o estudo do mesmo, realizando un traballo de maior ou menor extensión relativo a unha parte específica da materia, que requirirá que identifique un problema, propoña e desenrole un procedemento pertinente para interpretar os resultados e establecer as conclusións adecuadas, da cordo cos contidos teóricos tratados na materia.
Proba mixta Proba escrita que constará dunha serie de preguntas de distinta natureza: desenvolvemento medio-longo dun tema ou parte del, desenvolvemento curto sobre aspectos específicos, resolución de problemas, ou de elección entre respostas múltiples.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes