Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
 Asignaturas
  Estrutura e Reactividade dos Compostos Orgánicos
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Sesión maxistral A1 A2 A3 A6 A8 B1 Avaliarase a participación activa dos alumnos mediante a formulación de preguntas ou mediante e-mail antes ou despois das sesións expositivas. 5
Seminario A1 A2 A3 A6 A8 B1 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C3 C4 Avaliarase a participación activa dos alumnos na análise e a resolución dos problemas expostos polo profesor, así como a formulación de preguntas durante as sesións interactivas ou antes e despois do desenvolvemento das mesmas mediante e-mail. 25
Estudo de casos A2 A3 A6 A8 B2 B4 B5 B7 B10 B11 C1 C3 C4 Avaliarase a participación activa dos alumnos na análise e a resolución dos problemas expostos polo profesor, así como a formulación de preguntas durante as sesións interactivas ou antes e despois do desenvolvemento das mesmas mediante e-mail. 10
Proba obxectiva A3 A6 A8 B1 Exame final escrito, onde os alumnos deberán resolver en tempo limitado e sen materiais de apoio problemas análogos aos expostos durante as clases de seminario e presentación oral. 60
 
Observacións avaliación

A avaliación mediante a proba mixta (en primeira ou segunda
oportunidade) contribuirá ao 60% da cualificación final. O control da
asistencia e a avaliación continua (do traballo realizado nas sesións
maxistrais, seminarios e presentacións orais e mediante a valoración das
solucións por escrito aos boletíns de problemas) contribuirán ao 30% da
cualificación final.

Para
obter a cualificación de APTO será necesario (1) acadar o 30% da
puntuación das calificacions parciais e (2) acadar o 50% da puntuación global. Os
alumnos que non participen en actividades que sumen mais dos 25% da
cualificación final serán cualificados como NON PRESENTADO. Os alumnos
que realicen máis do 25% das actividades presenciais e tras presentarse
ás probas obxectivas non alcancen o 40% da puntuación nas mesmas ou o
50% da puntuación global recibirán a cualificación de NON APTO.

De
acordo coa recomendación da Comisión de Calidade da Facultade de
Ciencias, as Matrículas de Honra concederanse aos alumnos que alcancen
as máximas cualificacións na primeira oportunidade. Os alumnos avaliados
na segunda oportunidade só poderán optar a Matrícula de Honra se o
número máximo destas para o correspondente curso non se cubriu na súa
totalidade na primeira oportunidade.

No caso de alumnado con
recoñecemento de decicación a tempo parcial e dispensa académica de
exención de asistencia, o Profesor Responsable podería eximir total ou
parcialmente de concorrer ao proceso de avaliación continuada. O
alumando
que se atopara nesta circunstancia deberá superar un exame específico
que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da
materia nas duas oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes