Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
 Asignaturas
  Química de Biomoléculas
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Levaranse a cabo 12 sesións maxistrais nun grupo onde se verán os contidos teóricos do tema, xunto con exemplos ilustrativos relevantes. Consistirán principalmente en presentacións en Power Point. Os alumnos terán en tempo unha copia de todos os ficheiros no Moodle, de xeito que os alumnos poden preparar as clases por adiantado, ademáis de facilitar o seguemento das explicacións. A participación interactiva dos alumnos será incentivada en todo momento.
Solución de problemas Proponse a realización de 7 sesións de seminarios de problemas en pequenos grupos, onde os alumnos resolverán os problemas propostos polo profesor nos boletíns correspondentes. Os alumnos terán con suficiente tempo de antelación tales boletíns no Moodle da materia, para que os poidan resolver individualmente antes do inicio destas clases. Nestas clases tamén se resolverá calquera dúbida que poida xurdir. A participación nestas clases é obrigatoria.
Estudo de casos Nas sesións de seminarios tamén se resolverán os casos prácticos propostos polo profesor. Os alumnos terán con suficiente tempo de antelación tales casos a través do Moodle da materia.
Presentación oral Presentación oral por parte do alumno de traballos, informes, etc., incluíndo tamén debates entre o profesor e os alumnos.
Proba mixta O exame final abarcará a totalidade de todo o temario.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes