Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2017)
 Asignaturas
  Química Médica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A1 A2 A4 A3 B1 B2 B4 B7 B10 B11 A avaliación continua terá un peso do 40% na cualificación da asignatura e constará de dúas compoñentes: clases interactivas en grupo reducido (seminarios) e clases interactivas en grupo moi reducido (titorías). Os seminarios e as titorías incluirán os elementos seguintes: resolución de problemas e casos prácticos (10%), realización de traballos e informes escritos (10%), exposición oral [(traballos, informes, problemas e casos prácticos), 10%] e avaliación mediante preguntas e cuestións orais durante o curso (10%). 40
Proba obxectiva A1 A4 A3 B1 B10 A proba obxectiva versará sobre a totalidade dos contidos da asignatura. 60
 
Observacións avaliación
A cualificación do alumno obterase como resultado de aplicar a seguinte fórmula:

Nota final = 0.4 x N1 + 0.6 x N2

Sendo N1 a nota numérica correspondente á evaluación continua (escala 0-10) e N2 a nota numérica da proba obxectiva(escala 0-10).

A presentación a proba obxectiva está condicionada á participación en polo menos o 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (seminarios e traballos tutelados).

Os alumnos repetidores terán o mesmo réxime de asistencia ás clases que os que cursan a materia por primeira vez.

No caso de alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación da avaliación continua se sustituirá pola obtida nas titorías personalizas.

Outorgarase a cualificación de "non presentado" aos alumnos que participen en menos dun 25% das actividades académicas programadas e non se presenten á proba obxectiva.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes