Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Metais en Sistemas Biolóxicos (en extinción)
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Metais en Sistemas Biolóxicos (en extinción) Código 610509119
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial Anual
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
Profesorado
Avecilla Porto, Fernando Francisco
Correo electrónico
fernando.avecilla@udc.es
Web
Descrición xeral Estudo da importancia dos metais para os sistemas biolóxicos. Compostos modelo e aplicacións biomédicas potenciais destes compostos.
Plan de continxencia No caso de que a situación derivada da evolución da pandemia Covid-19 obrigue a limitar o acceso presencial ás actividades planificadas na guía docente para o curso 2020-2021 aplicarase o seguinte plan de continxencia: 1. Modificacións nos contidos: Os contidos manteranse integramente, tal e como se indican na guía. 2. Metodoloxías Metodoloxías docentes que se manteñen: Clases maxistrais: A docencia teórica que se ten previsto impartir de modo presencial de tipo híbrido pasará a impartirse totalmente de modo remoto por medio de Teams. O número de actividades propostas aos alumnos para a súa realización durante as clases de teoría incrementarase para poder manter unha avaliación continua do nivel de seguimento e comprensión. Clases de resolución de problemas As clases de resolución de problemas tamén se pasarán a realizar de modo remoto por Teams, mantendo. Ademais pasará a ser obrigatorio enviar un pdf dos exercicios resolto para incorporar a cualificación á avaliación continua desta actividade, substituíndo á supervisión presencial. Proba mixta: A proba mixta manterase con características similares, adaptándoa para realizala de maneira telemática, no caso de que non se pode realizar de maneira presencial. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: - Correo electrónico: Diariamente. Os alumnos poderán realizar consultas de todo tipo, relacionadas coa teoría ou os exercicios propostos así como para o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Os alumnos poden expor dúbidas ou cuestións mediante o foro ou mensaxes. Teams: Utilizarase para as clases de resolución de problemas e para a atención personalizada que pode ser a petición do alumno concertando previamente a tutoría mediante correo electrónico pero tamén se usará para o seguimento dos traballos tutelados . Tamén se usará para o seguimento dos alumnos con dedicación a tempo parcial. 4. Modificacións na avaliación: As adaptacións derivan fundamentalmente da supresión das prácticas de laboratorio e da realización dun maior número de actividades asociadas ás sesións maxistrais que entran dentro da avaliación continua: Seminario: máximo de 1 punto Traballos tutelados: máximo de 1 punto Resolución de problemas: máximo de 1 punto Proba mixta: máximo de 4 puntos Presentación oral: máximo 2 puntos Proba de resposta breve: máximo 1 punto Sesións maxistrales participación: máximo 1 punto. Non presentado: alumnos que non realizasen a proba mixta 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes