Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Preparación de Nanomateriais
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Preparación de Nanomateriais Código 610509120
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
m.senaris.rodriguez@udc.es
Profesorado
Bermúdez García, Juan Manuel
Señaris Rodriguez, Maria Antonia
Correo electrónico
j.bermudez@udc.es
m.senaris.rodriguez@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia darase unha introdución á preparación de nanomateriais, tanto inorgánicos como orgánicos onde se incidirá sobre os factores clave no control e morfoloxía dos nanomateriais. Tamén se estudará a relación entre a morfoloxía e tamaño e as súas propiedades. Finalmente realizarase unha introdución as principais aplicacións do nanometeriais.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse en “modalidade en liña”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asicrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titoriáis máis personalizadas...). *Metodoloxías docentes que se modifican As probas obxectivas serán probas en liña que se realizarán mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas a través da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo. 4. Modificacións na avaliación Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia en liña sincrónica sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial en aula. O alumnado que non poda seguir as actividades en liña sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes