Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Cromatografía e Técnicas Analíticas de Separación
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Cromatografía e Técnicas Analíticas de Separación Código 610509125
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 2º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Departamento profesorado máster
Química
Coordinación
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.turnes@udc.es
Profesorado
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.turnes@udc.es
Web
Descrición xeral A materia encádrase na especialidade de técnicas analíticas avanzadas, e nela impartiranse coñecementos avanzados de cromatografía, novas tendencias e outras técnicas non cromatográficas de separación, tales como a electroforesis capilar e o fraccionamiento en campo-flujo
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Os contidos nos se modifican. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen En principio non se cambian. Se fose necesario axeitaranse os escenarios previstos. *Metodoloxías docentes que se modifican Dacordo coas “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021” e coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”, diferencianse tres escenarios. - Escenario 1 (normalidade adaptada): non existen restricións á presencialidade física e tanto a docencia expositiva como a interactiva será preferentemente presencial. - Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física), no que a docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, combínase a presencialidade física coa telemática. - Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física), tanto a docencia expositiva como a interactiva (seminarios, titorías) desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos. - Tódalas actividades realizadas en remoto serán vía Microsoft Teams e/ou Campus Virtual da UDC. - A información relativa compartirase vía Microsoft Teams e Campus Virtual da UDC. - Respectaremos, na medida do posible, o calendario e horario previstos para cada actividade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado o seguimento personalizado realizarase a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta TEAMS, a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as titorías. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. 4. Modificacións na avaliación As porcentaxes de valoración indicadas na guía docente aplicaránse nos tres escenarios posibles, tendo en conta as seguintes consideracións: - Exame: no escenario 1 terá carácter presencial; no 2 terá carácter presencial sempre que sexa posible; no 3 terá lugar por vía telemática. Será sempre complementario á avaliación continua nas condicións descritas antes. *Observacións de avaliación: Manteñense as indicadas na guía docente 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se farán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes