Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Economía e empresa
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Economía e empresa Código 610509134
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Economía
Empresa
Coordinación
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.rfernandez@udc.es
Profesorado
Rodriguez Fernandez, Maria Jose
Correo electrónico
maria.jose.rfernandez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia "Economía e Empresa" forma parte do módulo M7, especialidade en Química e Economía Industrial. Esta especialidade é obrigatoria para o alumnado que curse a orientación profesionalizante. Deste xeito, a maioría das materias desta especialidade abordan diferentes aspectos técnicos dos procesos químicos no ámbito industrial. Con todo, esta materia e "Recursos humanos" permiten que o alumnado se familiarice con coñecementos de índole máis transversal vinculados co funcionamento das organizacións empresariais. Así, tanto os coñecementos técnicos dos procesos químicos, así como aqueles vinculados coas dinámicas organizativas, son de suma relevancia para un correcto desempeño profesional. A materia "Economía e Empresa" permitirá ao alumnado coñecer o funcionamento das organizacións empresariais, así como as funcións do proceso directivo. Coñecementos relevantes para desenvolver a súa actividade profesional no ámbito de empresas do sector químico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Si a situación vigente permite o desenvolvemento normal das clases e actividades de avaliación continua de forma presencial, o sistema de avaliación e as metodoloxías a empregar serán as descritas nos apartados correspondentes (escenario 1: 10% solución de problemas, 15% presentación oral, 20% traballos tutelados e 55% exame final). Todas estas actividades terán lugar no aula física (ou, no caso de que a Facultade deseñe un sistema híbrido no que ás veces os estudantes teñan actividades/clase presencial e, outras en liña, tamén se empregará este esquema de avaliación sempre que sexa posible celebrar o exame en modo presencial. *Metodoloxías docentes que se modifican Si non fose posible polas circunstancias, celebrar o exame de modo presencial e instaurásese un sistema remoto de ensino, eliminaríase o exame final manténdose as restantes metodoloxías. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico a diario: de uso para facer consultas, dar avisos, resolver dúbidas, solicitar reunións virtuales e seguimiento dos traballos tutelados. Moodle semanalmente: iranse colgando nesta plataforma os materiais necesarios para o seguimiento da materia. Teams a diario para a explicación de contidos teóricos da materia, tutorías individuais e seguimiento dos traballos tutelados. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: Si non fose posible polas circunstancias, celebrar o exame de modo presencial e instaurásese un sistema remoto de ensino, entón o sistema de avaliación pasaría a axustarse ao seguinte esquema (Escenario 2): Solución de problemas: 20% Presentación oral: 25% Traballos tutelados: 55% Neste caso (escenario 2) todas as metodoloxías e actividades pasarán á modalidade on-line e os estudantes enviaranas a través da plataforma Moodle ou a plataforma Teams, seguindo as indicacións do profesor. As clases tamén terán lugar tamén a través da plataforma Teams no mesmo horario que se estableceu para as clases presenciales. Esta estrutura (xa sexa o escenario 1 ou o 2) empregarase tanto para a primeira como para a segunda oportunidade. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Non se farán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes