Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Validación de Metodoloxía Analítica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A8 A5 B2 B3 B5 B10 B11 B12 C1 C2 C4 As actividades académicas dirixidas serán avaliados pola realización e /ou exposición das mesmas por parte do estudante. 20
Sesión maxistral A3 A5 B2 B3 B5 B11 C3 C4 Avaliarase a asistencia ás sesións maxistrais e a participación activa nas mismas. 5
Seminario A8 B2 B3 B5 B10 C1 C2 C4 Ao longo dos seminarios avaliarase a adquisición de coñecementos e competencias por parte do alumnado a través da resolución de problemas e casos prácticos, etc. 10
Proba mixta A5 B2 B3 B10 C1 C4 O exame final abordará o conxunto de contidos da materia. Constará de preguntas teóricas, cuestións aplicadas e resolución de problemas. 60
Prácticas de laboratorio A6 A7 A8 B2 B3 B12 C2 Avaliarase de modo continuado o traballo e a participación activa do estudante nas sesións prácticas mediante preguntas y cuestións orais, realización de tests, etc.
5
 
Observacións avaliación

A avaliación desta materia farase mediante avaliación continua e a realización dun exame final presencial, que só poderá realizarse se o alumno participa nun mínimo do 80% das actividades docentes presenciais de asistencia obrigatoria (sesións maxistrais, seminarios, prácticas).

O alumno acadará a cualificación de Non Presentado cando non realice o traballo tutelado e non se presente ao examen final. A cualificación das actividades avaliables poderán conservarse na convocatoria de xullo, excepto a da proba mixta no caso de estar suspensa.
Os seguintes cursos académicos, o proceso de enseñanza-aprendizaje, incluídas todas as actividades avaliables, volverán a comenzar cun novo curso.

Para  os  estudantes  con dedicación  a  tempo  parcial  e dispensa académica de exención de asistencia, se non puidera realizar todas as probas de avaliación continua, o profesor adoptará as medidas oportunas para non prexudicar a súa cualificación.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes