Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Caracterización de Materiais e Biointerfases
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Caracterización de Materiais e Biointerfases Código 610509302
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Obrigatoria 3
Idioma
Castelán
Galego
Inglés
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Castro Garcia, Socorro
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
Profesorado
Castro Garcia, Socorro
Platas Iglesias, Carlos
Correo electrónico
socorro.castro.garcia@udc.es
carlos.platas.iglesias@udc.es
Web
Descrición xeral Esta asignatura inclue unha descripción dos fundamentos e das aplicacións principais de varias técnicas de caracterización relacionadas coa Ciencia de Materiais e que (en moitos casos) non se impartiron no Grao en Química. Estes contidos son fundamentais para abordar outras asignaturas optativas do máster e, en particular, do módulo 5 – Nanoquímica e Novos Materiais. Ademáis, tamén inclúe unha parte de técnicas computacionais na que se usarán programas informáticos que permitan a visualización de moléculas. Estes contidos son fundamentáis para calquer químico.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos En principio os contidos mantéñense na súa totalidade. No caso de ser necesario por causas de forza maior, poderá optarse por unha presentación máis xeral dos mesmos, que en calquera caso cubrirá todos os aspectos máis relevantes da materia. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen As metodoloxías manteranse pero pasarán a realizarse en “modalidade en liña”, e dicir, empregando as ferramentas das TIC que ten a disposición a institución. No caso de que parte do alumnado non puidese conectarse e seguir as aulas en tempo real, utilizaranse medios asicrónicos (correo electrónico, gravacións das sesión expositivas, titoriáis máis personalizadas...). *Metodoloxías docentes que se modifican As probas obxectivas serán probas en liña que se realizarán mediante Moodle ou ferramentas equivalentes, facendo un seguimento das mesmas a través da plataforma Teams. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado O alumnado será titorizado mediante a plataforma Teams ou mediante o correo electrónico corporativo. 4. Modificacións na avaliación Se todo o alumnado puidese continuar coa docencia en liña sincrónica sen dificultade, avaliarase do mesmo xeito que na docencia presencial en aula. O alumnado que non poda seguir as actividades en liña sincrónicas será avaliado polas actividades equivalentes realizadas de maneira asincrónica. *Observacións de avaliación: Non hai. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións na bibliografía/webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes