Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
 Asignaturas
  Análises Clínicas e Toxicolóxicas
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Análises Clínicas e Toxicolóxicas Código 610509315
Titulación
Mestrado Universitario en Investigación Química e Química Industrial (Plan 2020)
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Mestrado Oficial 1º cuadrimestre
Primeiro Optativa 3
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.turnes@udc.es
Profesorado
Turnes Carou, Maria Isabel
Correo electrónico
isabel.turnes@udc.es
Web
Descrición xeral
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen En principio manteñense as mesmas metodoloxías docentes. *Metodoloxías docentes que se modifican Dacordo coas “Bases para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura no curso 2020-2021” e coas “Directrices para o desenvolvemento dunha docencia presencial segura, curso 2020-2021”, diferencianse tres escenarios. - Escenario 1 (normalidade adaptada): non existen restricións á presencialidade física e tanto a docencia expositiva como a interactiva será preferentemente presencial. - Escenario 2 (distanciamento; restricións parciais á presencialidade física), no que a docencia expositiva poderá realizarse total ou parcialmente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos. En canto á docencia interactiva, combínase a presencialidade física coa telemática. - Escenario 3 (peche das instalacións; imposibilidade de impartir docencia con presencialidade física), tanto a docencia expositiva como a interactiva (seminarios, titorías) desenvolveranse completamente de xeito virtual, ben con mecanismos síncronos ou asíncronos. - Tódalas actividades realizadas en remoto serán vía Microsoft Teams e/ou Campus Virtual da USC. - A información relativa compartirase vía Microsoft Teams Campus Virtual da UDC Respetarase na medida do posible o calendario e horarios previstos para cada actividade. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado o seguimento personalizado realizarase a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta TEAMS, a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as titorías. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. 4. Modificacións na avaliación As porcentaxes de valoración do exame final (55 %) e avaliación continua (45 %) aplicaránse nos tres escenarios posibles, tendo en conta as seguintes consideracións: - Exame: no escenario 1 terá carácter presencial; no 2 terá carácter presencial sempre que sexa posible; no 3 terá lugar por vía telemática. Será sempre complementario á avaliación continua nas condicións descritas antes. *Observacións de avaliación: Manteñense as mesmas que se indican na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes