Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Física 1 Código 610G01003
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Primeiro Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Física e Ciencias da Terra
Coordinación
Garcia-Garabal Mosquera, Sandra Maria
Correo electrónico
sandra.garcia-garabal@udc.es
Profesorado
Domínguez Pérez, Montserrat
Garcia-Garabal Mosquera, Sandra Maria
Correo electrónico
montserrat.dominguez.perez@udc.es
sandra.garcia-garabal@udc.es
Web
Descrición xeral A disciplina da Física desempeña un papel de formación básica que permite o alumno afrontar o aprendizaxe doutras materias incluidas no plan de estudios. Asi mesmo, a adquisición de coñecementos físicos básicos o capacitará para unha maior flexibilidade no desempeño das suas funcións profesionais así como para unha mellor adaptación ós novos avances tecnolóxicos aplicables no seu ámbito profesional, e que son consecuencia dos avances científicos. Os descriptores son:Mecánica.Principios de termodinámica.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non hai modificacións. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen - proba obxetiva *Metodoloxías docentes que se modifican -Sesion maxistral: pasarían de híbrida a online (Teams). -Solución problemas: pasarían de híbrida a online (Teams). -Prácticas de laboratorio: realizaranse tratando unicamente os datos experimentais. Se lles facilitará o guión de cada práctica e os datos que terán que empregar para a súa resolución. Cada alumno deberá entregar no prazo estabrecido, unha memoria que recolla o traballo realizado e o tratamento pertinente dos datos. Previamente haberá unha sesión onde se explicará cómo realizar as prácticas e o tratamento de datos. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Tutorías individualizadas mediante encontros virtuais (Teams) 4. Modificacións na avaliación Modificacións: se as probas dun punto non poidesen ser preseniciais na primeira oportunidade. A avaliación constaría tanto na primeira oportunidade como na segunda proba mixta (8.5 pto) + prácticas de laboratorio (1.5 pto). É preciso sacar un mínimo de 4 puntos na proba obxetiva para que se sume a calificación obtida nas prácticas de laboratorio. Para superar a materia é preciso acadar unha nota superior ou igual a 5 na suma de (proba obxetiva)+(prácticas de laboratorio). *Observacións de avaliación: As prácticas de laboratorio son obrigatorias e necesarias para superar a materia. Iso conleva a asistencia obrigatoria á sesión previa e a entrega da memoria que recolla o traballo realizado. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non hai modificacións.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes