Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Física 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Prácticas de laboratorio Clases nas que se realizan prácticas de laboratorio, preténdese que o alumno aprenda a utilizar distinto instrumental de laboratorio, aprenda a calcular erros, e determinar datos mediante axustes de mínimos cadrados. Todo iso co fin de que adquira un sentido crítico que lle leve a unha análise científica do que está a realizar. Farase unha avaliación continua do traballo diario do laboratorio do alumno.
Sesión maxistral Exposición de contidos por parte do profesor con pouca interactuación do alumno. É eficaz para explicar temas complexos e transmitir información.
Solución de problemas Formularanse unha serie de problemas relacionados cos temas do programa que han de ser resoltos polo alumno baixo a supervisión do profesor, en grupos máis reducidos que os das clases expositivas.
Proba obxectiva Ao longo do curso se realizarán 4 probas de resposta múltiple a través do Teams dos contidos impartidos nas sesións maxistral e de problemas. Ó final de cada proba, o alumno deberá enviar un pdf coa resolución xustificada das preguntas da mesma.
Proba mixta Proba teórico-práctica que permitirá avaliar os coñecementos adquiridos polo alumno durante o curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes