Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Xeral 1
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 C1 Periódicamente, realizaranse probas curtas de tipo test ou de resposta breve, de acordo co indicado no apartado de Metodoloxía. 25
Obradoiro A1 A2 A3 A6 A8 A12 B2 B3 B5 C1 A realización do traballo previo será imprescindible para poder ser avaliado no Obradoiro correspondente.
Nesta actividade terase en conta a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado na proba de resposta múltiple que se realizará ao final de cada obradoiro.
15
Proba mixta A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B2 B3 C1 Consistirá nunha proba de conxunto que se celebrará á fin do semestre. Constará tanto de preguntas a desenvolver, como de preguntas tipo test, formulación e problemas. Estes serán similares aos plantexados ao longo do curso.
40
Solución de problemas A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 B3 B2 C1 A realización do boletín será imprescindible para poder ser avaliado na clase de problemas correspondente.
Nesta actividade avaliarase a participación activa e o nivel de coñecemento demostrado polo alumnado, tanto ao resolver os exercicios, como no debate cos seus compañeiros.
15
Lecturas A1 A2 A3 A6 A8 A12 A14 A25 B4 Avaliarase o aprendido na lectura mediante un test que se realizará no Moodle antes de cada tema, tras ler as lecturas recomendadas. 5
 
Observacións avaliación

Para superar a materia será necesario conseguir polo menos 50 puntos entre as diferentes actividades avaliables (proba mixta, probas obxectivas, lecturas, solución de problemas e obradoiros), así como obter unha cualificación mínima de 20 puntos (sobre 40) na proba mixta. De non alcanzarse dita puntuación mínima na proba mixta, no caso de que a media sexa superior ou igual a 50 puntos (sobre 100) a materia figurará como suspensa (4.5).

Para obter a cualificación de non presentado, os alumnos non poderán participar en máis dun 25% das clases de solución de problemas e dos obradoiros, nin realizar a proba mixta.
Na segunda oportunidade repetirase a proba mixta e as actividades presenciais suxeitas a avaliación nas que non obtívose o aprobado (non se inclúen nin obradoiros, nin clases de solución de problemas). A cualificación final calcúlase de acordo coas porcentaxes establecidas e as restricións previamente fixadas.
O alumnado que sexa avaliado na denominada "segunda oportunidade" só poderá optarse á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non fose cuberto na súa totalidade na "primeira oportunidade".
No caso de cirscunstancias excepcionais, objetivables e adecuadamente justificadas, o profesor responsable podería eximir total ou parcialmente a algún membro do alumnado de concorrer o proceso de avaliación continua. O alumnado que se atopase nesta cirscunstancua deberá superar un exame específico que non deixe dúbidas sobre a consecución das competencias propias da materia.
Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica
de exención de asistencia, a cualificación obtida nas actividades asociadas ao sistema personalizado de tutorías corresponderase coa avaliación da metodoloxía de probas obxectivas, é dicir co 25% da cualificación final. O 75% restante da devandita cualificación final será determinada a través dos resultados obtidos polo alumno na proba mixta.
Polo que se refire a sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refírese a un curso académico, e por tanto volvería comezar cun novo curso, incluídas todas as actividades e procedementos de avaliación que fosen programados para o devandito curso.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes