Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Xeral 3
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A12 A16 A17 A19 A20 A23 B3 B4 B5 C1 C3 Valorarase a realización dos prelaboratorios, as capacidades e destrezas do alumno na realización do traballo experimental, a súa capacidade para interpretar os resultados obtidos, a elaboración do diario de laboratorio, etc.
20
Seminario A1 A5 A6 A21 A25 B2 B3 B4 B5 C3 Valorarase a resolución de boletíns de cuestións e/ou problemas, cumplimento de datas para a súa entrega ou revisión e tamén a participación do alumno a través da formulación de preguntas antes ou despois do desenvolvemento dos seminarios. 5
Proba mixta A1 A4 A5 A6 A12 A20 A21 A25 B3 C1 Terá dúas partes, nunha valorarase a capacidade do alumno de expresar, resumir e desenvolver aspectos teóricos da materia e a outra consistirá na resolución de problemas ou exercicios numéricos. En todos os casos, o alumno deberá razoar axeitadamente as respostas.
60
Proba obxectiva A1 A4 A5 A6 A12 A20 A21 A25 B3 C1 Periódicamente realizaranse probas curtas nas que o alumnado responda cuestións ou resolva problemas dun xeito razoado que permitan avaliar o seu grao de comprensión dos aspectos máis salientables da materia. 15
 
Observacións avaliación

-Para superar a materia será necesario:

   1) A realización das prácticas de laboratorio.
   2) Obter unha calificación superior ou igual a 5 puntos (sobre 10) nas prácticas de laboratorio e en cada parte da proba mixta. E no caso de non acadar dita puntuación mínima
nalgunha destas actividades avaliables, a materia figurará como suspensa, aínda que a
cualificación media sexa igual ou maior que 5 (nese caso a puntuación asignada
será de 4,5). 

-Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que
fixeran as prácticas e acadaran menos dun 5, terán a
oportunidade de realizar, ademáis da proba mixta, unha proba
específica relacionada coas prácticas de laboratorio. A cualificación
desta proba específica sustituírá á cualificación obtida nas
prácticas para a cualificación global.

-Os
alumnos que non participen nas actividades avaliables das sesións de seminario e non realicen as probas obxectivas obterán unha cualificación de 0 nestes  apartados (5 % e 15 %, respectivamente, da nota global) nas dúas oportunidades. Na segunda
oportunidade manterase a cualificación obtida durante o curso para a nota global.

- O alumno obterá a cualificación de non
presentado cando non realice as prácticas de laboratorio e tampouco se
presente á proba mixta.
Polo que refírese aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluida a avaliación continua, refírese a un
curso académico, e polo tanto, volvería a comenzar un novo curso,
incluidas todas as actividades e procedimentos de avaliación que programense para o devandito curso.

-Na segunda oportunidade: a cualificación da proba mixta obtida na segunda oportunidade substituirá á da primeira. Os alumnos
avaliados na segunda oportunidade sólo poderán optar á matrícula de
honra se o número máximo destas para o correspondiente curso non se
cubreu na súa totalidade na primeira oportunidade.

Alumnos con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia:

A
realización das prácticas de laboratorio será obligatoria e será
facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de
coordinación e os recursos materiais e humanos. Consideraránse
exentos das sesións maxistrales e se lles facilitará a
asistencia ao maior número posible de seminarios. De non
poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo titorizado.
Esto aplicarase a ambas oportunidades de exame.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes