Teaching GuideTerm
Faculty of Science
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Subjects
  Chemistry Laboratory 1
   Methodologies
Methodologies Description
Introductory activities Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumno.
Guest lecture / keynote speech Sesións de aula nas que durante os primeiros días do curso, abordaránse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo reducido, requerirase nelas a participación activa do alumnado.
Workshop Os obradoiros son sesións de traballo en grupo reducido que se planifican para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, e que terán lugar antes de comezar coa realización das prácticas no laboratorio. Cada práctica deste bloque levará asociado un guión que conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos teóricos de cada experimento, e nos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade. Estes aspectos deberán ser traballados con antelación polos estudantes e recollidos nun Traballo Previo, e serán discutidos cos seus compañeiros e co profesor no Obradoiro, antes do comezo de cada experimento, de modo que o profesor determinará se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que poidan proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental.
O rematar o período de prácticas levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo reducido, para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso, que posteriormente será discutida en grupo baixo a supervisión do profesor.
Durante algúns destes obradoiros realizaranse probas intermedias de respostas curtas, cálculos numéricos ou de tipo test, que axudarán ao alumno e ao profesor a comprobar que se comprenderon os contidos tratados en clases anteriores.
Laboratory practice
Mixed objective/subjective test
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes