Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Laboratorio de Química 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Actividade en grupo grande que se levará a cabo ao inicio do curso, e onde se presentará a materia comentando entre outros aspectos, a metodoloxía de traballo e os criterios que se utilizarán na avaliación do alumnado.
Sesión maxistral Sesións de aula nas que durante os primeiros días do curso, abordaranse parte dos contidos do Bloque I. Con todo, a pesar de ser clases expositivas, por ser en grupo reducido, requerirase nelas a participación activa do alumnado.
Obradoiro Os obradoiros son sesións de traballo en grupo reducido que se planifican para traballar os contidos do Bloque II, relacionados cos procesos básicos nun laboratorio químico, e que terán lugar antes de comezar coa realización das prácticas no laboratorio. Cada práctica deste bloque levará asociado un guión que conterá cuestións que incidirán na comprensión dos fundamentos teóricos de cada experimento, e dos posibles aspectos de perigo, toxicidade e medidas de seguridade a considerar. Estes aspectos serán traballados con antelación polos estudantes e recollidos nun Traballo Previo, que será avaliado mediante unha proba de resposta múltiple previa á sesión presencial de Obradoiro correspondente a cada experimento. Nestas sesións de Obradoiro, discutiranse diferentes aspectos relacionados con cada práctica, e o profesor fará principal fincapé naquelas carencias detectadas trala revisión conxunta dos resultados das probas de resposta múltiple. Deste xeito, o profesorado determinará se o grao de coñecementos adquirido é suficiente como para que podan acceder ao laboratorio e proceder a realizar, con seguridade e aproveitamento, o traballo experimental.
O rematar o período de prácticas, levarase a cabo un obradoiro de repaso en grupo reducido para repasar e afianzar os conceptos traballados durante o curso que será realizado baixo a supervisión do profesor.
Durante algúns destes obradoiros realizaranse probas intermedias de resposta curta, cálculos numéricos ou de tipo test, co obxectivo de comprobar que se comprenderon e asimilaron os contidos tratados en sesións anteriores.
Prácticas de laboratorio Nas prácticas de laboratorio, que se imparten en grupo reducido, os estudantes traballarán contidos do Bloque I e do Bloque II a través da realización de actividades de carácter práctico, tales como exercicios e experimentos.
Nas referidas ao Bloque I, o alumnado levará á práctica os contidos que se impartiron con anterioridade nas sesións maxistrais. O traballo feito durante estas sesións quedará reflexado en informes que terán o formato de Fichas.
Nas prácticas do Bloque II, o alumno realizará procesos básicos nun laboratorio químico. Todo o traballo feito nas prácticas deste segundo bloque quedará reflexado no Caderno de Laboratorio.
Proba mixta Ao finalizar o período de prácticas realizarase un exame escrito onde se avaliarán os coñecementos adquiridos polo alumnado, que constará dunha serie de cuestións de diferente natureza, que poden ser de desenvolvemento medio-longo ou de desenvolvemento curto sobre aspectos puntuais dunha práctica, de resolución de problemas numéricos ou de elección entre respostas múltiples.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes