Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica 1
   Atención personalizada
Metodoloxías
Prácticas de laboratorio
Solución de problemas
Descrición
As clases de solución de problemas e prácticas de laboratorio están concebidas coma actividades en grupos reducidos nas que o alumno participa directamente. Deste xeito realízase unha atención personalizada dos alumnos permitindo un mellor seguimento e orientación.

Os alumnos poderán facer uso do horario de titorías para realizar calquera consulta ou dúbida acerca da materia. Ademáis, ao longo do cuadrimestre programarase unha titoría de aproximadamente media hora de duración. Nesta titoría o profesor resolverá as dúbidas que o alumno atope no estudo da materia e poderá analizar se o proceso de aprendizaxe do alumno é axeitado.

O alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será atendido en réxime de horas de titorías (previa cita). A realización das prácticas de laboratorio e a asistencia ás sesións de solución de problemas serán facilitadas dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes