Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Seminario A7 A15 A20 A21 A22 A24 A25 B2 B4 C1 O traballo do alumno irase avaliando o longo dos seminarios. Terase en conta se é o caso, a resolución de cuestións ou problemas plantexados polo profesor.
20
Prácticas de laboratorio A7 A15 A17 A18 A19 A20 A22 A23 A24 B2 B3 B4 C6 C8 Avaliarase de modo continuado o traballo desenvolto polo alumno no laboratorio: destreza, interpretación dos datos experimentais, a correcta realización dos cálculos e das cuestións propostas. Tamén se terá que entregar unha memoria final e resolver un caso práctico proposto polo profesor 20
Proba mixta A7 A15 A20 A24 B2 B3 B4 C1 Realizase nas datas oficiais aprobadas polo centro.
Servirá para podera avaliar o grado de aprendizaxe e de adquisición de competencias por parte do alumno. Constará tanto de preguntas teóricas como cuestións aplicadas e resolución de problemas numéricos.
60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia deben darse os seguintes requisitos básicos:
 

-As prácticas de laboratorio son obrigatorias. 

-Acadar unha cualificación final de 5 puntos sobre dez tanto nas prácticas como na proba mixta. 

- A cualificación obtida en seminario so se sumará no caso de aprobar a proba mixta. Os alumnos que non participasen nalgunha actividade desenvolvida nas sesión de seminario, obterán unha cualificación de 0 nese apartado (20% da cualificación global) nas dúas oportunidades.

 As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse para a segunda oportunidade de xullo. Mentres que a cualificación da proba mixta da segunda oportunidade substituirá á obtida na primeira oportunidade.

 Na primeira e segunda oportunidade, os alumnos que fixesen as prácticas e a sua cualificación fose inferior a 5 puntos, terán a oportunidade de realizar, ademais da proba mixta, unha proba específica relacionada cas prácticas de laboratorio. A cualificación desta proba específica substituirá a calificación obtida nas prácticas para calcular a cualificación global.

 O alumno terá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

 Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo de estas para o correspondente curso non se esgotou na súa totalidade na primeira oportunidade. 

Para o alumnado con recoñecemento de adicación a tempo parcial aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente.

Os alumnos con dispensa académica de exención de asitencia, ou de modalidades específicas de aprendizaxe e apoio á diversidade, a realización das prácticas de laboratorio será obrigatoria e será facilitada dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos dispoñibles. Considéranse exentos das sesións maxistrais se ben se lles facilitará a asistencia a o maior número posible de seminarios. De non poder asistir aos seminarios o alumno fará un traballo tutorizado Deste xeito, este alumnado será avaliado mediante as cualificacións obtidas nas prácticas de laboratorio (20%), na proba mixta (60%) e nas actividades desenvolvidas nos seminarios (ou traballo tutorizado) (20%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes