Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Instrumental 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Analítica Instrumental 1 Código 610G01013
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Moreda Piñeiro, Jorge
Correo electrónico
jorge.moreda@udc.es
Profesorado
Moreda Piñeiro, Jorge
Soto Ferreiro, Rosa Maria
Correo electrónico
jorge.moreda@udc.es
rosa.soto.ferreiro@udc.es
Web
Descrición xeral Nesta materia preténdese que o alumno comprenda o fundamento e as posibilidades das técnicas espectrométricas mais habituais. Pondrase especial atención nos fundamentos físicos e químicos das principais técnicas, configuración dos equipos, condicións experimentais e principais aplicacións.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se contemplan modificacións dos contidos no Plan de continxencia 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Todas as metodoloxías se manteñen. *Metodoloxías docentes que se modifican Todas as metodoloxías se adaptan á modalidade non presencial a través de Moodle e Teams e se mantén a programación establecida no calendario de coordinación do Centro. As sesións maxistrais e seminarios serán impartidos a través da Plataforma Moodle de forma sincrónica no horario contemplado na programación do curso. As practicas de laboratorio serán substituídas por prácticas virtuais e Traballos Tutelados que serán entregados polo alumno ao final do cuatrimestre. A proba de resposta múltiple e a proba de resolucións de problemas realizaranse a través da Plataforma Moodle (proba on-line). 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Todas as metodoloxías serán supervisadas virtualmente (a través da Plataforma Moodle e Teams) polo profesor en horario de clases. O seguimento personalizado realizarase a través do correo electrónico, a plataforma Moodle ou a ferramenta TEAMS, a demanda do alumnado e, na medida do posible, no horario establecido para as tutorías. Para os estudantes con dedicación a tempo parcial ou modalidades específicas de aprendizaxe ou apoio á diversidade, facilitarase a atención personalizada dentro da flexibilidade permitida polos horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos 4. Modificacións na avaliación Non se contemplan modificacións na avaliación no Plan de continxencia *Observacións de avaliación: Mantéñense todas as observacións incluídas na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se contemplan modificacións na bibliografía no Plan de continxencia. Todos os materiais necesarios encontraranse dispoñibles en Moodle ou mediante acceso aos recursos electrónicos dispoñibles na Biblioteca do Centro.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes