Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Instrumental 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Analítica Instrumental 2 Código 610G01014
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Correo electrónico
m.c.prieto.blanco@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Gonzalez Castro, Maria Jose
Prieto Blanco, Maria del Carmen
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
m.j.gonzalez.castro@udc.es
m.c.prieto.blanco@udc.es
Web
Descrición xeral Aprendizaxe dos fundamentos básicos, problemas, ventaxas e xestión dalgunhas técnicas analíticas instrumentais. Específicamente, abordaranse: técnicas electroanalíticas, técnicas cromatográficas (cromatografía de gases e de líquidos), electroforesis capilar, análises enzimática e inmunoquímica. Aprendizaje de los fundamentos básicos, problemas, ventajas y gestión de algunas técnicas analíticas instrumentales. Específicamente, se abordarán: técnicas electroanalíticas, técnicas cromatográficas (cromatografía de gases y de líquidos), electroforesis capilar, análisis enzimático e inmunoquímico. The basics, advantages and typical limitations, as well as normal working protocols on several analytical techniques are to be presented. In particular: electroanalytical, chromatographic (gases and liquids), capillary electrophoresis, and enzymatic and immunologic analyes.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizarán cambios. 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen -Sesión maxistral -Seminarios -Proba mixta *Metodoloxías docentes que se modifican -Prácticas de laboratorio. Serán substituídas por prácticas virtuais baseadas nas prácticas de docencia presencial, presentando exemplos reais e incidindo nos cálculos numéricos e na valoración cuali- e cuantitativa dos resultados. -Traballos en grupo. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Correo electrónico. Os estudantes poderán facer consultas ou titorías individuais a través do correo electrónico sempre que o precisen. Moodle. En cada sesión maxistral, seminario e prácticas virtuais animase aos estudantes a consultar dúbidas a través do foro. 4. Modificacións na avaliación Prácticas virtuais (35%). Serán avaliadas a través dos informes que deben entregar os alumnos no Moodle (ferramenta denominada tarefa) nos que se responderán ás cuestións relacionadas coas actividades indicadas e cálculos propostos. Traballos en grupo (20%). Auto-avaliación continua supervisada de traballos en grupo sobre os coñecementos teóricos. Proba mixta (45%). Realizarase unha proba para avaliar os coñecementos adquiridos e o seu manexo. Nesta proba haberá cuestións de tipo teórico e exercicios numéricos, as cales avaliarán os contidos das sesións maxistrais e seminarios. *Observacións de avaliación: Tódalas recollidas no apartado de observacións da guía docente. Con respecto ás novas metodoloxías, a cualificación destas acadada na primeira oportunidade conservarase na segunda oportunidade de xullo. No caso de non telas superadas, os alumnos terán a oportunidade de mellorar a cualificación asociada con preguntas relacionadas na segunda oportunidade (proba obxectiva). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Na biblioteca da UDC tense acceso a unha parte de bibliografía recomendada mediante os recursos electrónicos. Ademais, na plataforma Moodle iranse colocando documentos de apoio para o estudo e realización dos traballos.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes