Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Instrumental 2
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A7 A16 A17 A19 A20 A22 A23 A26 B3 B4 B5 C3 C6 Avaliación diaria do traballo do alumno: actitude, orde, atención, corrección no traballo experimental.
Avaliación ao final das prácticas: avaliación do diario de laboratorio (respostas ás cuestión relacionadas coas prácticas).

30
Sesión maxistral A7 A15 A21 A22 A23 A24 B3 C6 C7 Actitude e participación na aula. Asistencia (polo menos ao 70%) ás clases 2
Seminario A15 A16 A20 A21 B1 B2 C7 Actitude e participación na aula. Demostración de que se ten feito o traballo individual antes do seminario. Asistencia (polo menos ao 70%) aos seminarios. Realización dos traballos en grupo que se poideran asignar.
8
Proba mixta A7 A20 A21 A24 B2 C1 Resposta ás cuestións teóricas. Grao de concreción e corrección na resposta.
Realización correcta dos exercicios numéricos. Proceso de cálculo correcto e resultado final exacto.

60
 
Observacións avaliación

Para superar a materia plantéxanse dous requisitos básicos: (i) asistencia a tódalas actividades avaliables e (ii) acadar unha cualificación mínima nas actividades avaliables (5 puntos sobre 10). As probas mixtas consistirán en dúas partes, unha con cuestións teóricas e outra con exercicios numéricos, cada unha delas constitúe unha actividade avaliable. Para poder compensar algunha das partes haberá que acadar unha cualificación mínima de 4 puntos sobre 10 en cada unha delas. De non acadar a puntuación mínima nalgunha delas, no caso de que a media sexa superior ou igual a 5 (sobre 10), a asignatura figurará como suspensa (4).

A asignatura non será aprobada se o alumno mostra erros na formulación e cálculos químicos básicos (estequiométricos, axuste de equilibrios, ecuación de equilibrio, ecuación de Nernst, etc.).

Unha vez rematados os primeiros temas farase unha proba mixta voluntaria co obxectivo de que os alumnos que a superen podan reducir a cantidade de materia da que se examinarán na primeira oportunidade.

O alumno obterá a calificación de Non Presentado cando teña feito menos do 25% das actividades avaliables. Para superar a materia terán que facerse, e superarse, as prácticas de laboratorio.

As cualificacións das prácticas de laboratorio e dos seminarios conservaranse na segunda oportunidade de xullo. No caso de suspender as prácticas pola baixa calidade do informe, poderase mellorar a cualificación asociada con preguntas especiais na segunda oportunidade.

As cualificacións da proba mixta da segunda oportunidade (xullo) substituirán ás obtidas na proba mixta da primeira oportunidade (xuño), cos mesmos criterios. Polo que atingue aos sucesivos cursos académicos, o proceso de ensino-aprendizaxe, incluída a avaliación, refirese a un curso académico e, xa que logo, voltaría a comezar cun novo curso.

Os alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar á matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso non se ten cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

O alumno con recoñecemento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia será avaliado únicamente mediante as cualificacions obtidas nas probas obxectivas (75%) e nas prácticas (25%). Isto aplicarase a ámbalas dúas oportunidades

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes