Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Avanzada e Quimiometría
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Analítica Avanzada e Quimiometría Código 610G01015
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Lopez Mahia, Purificacion
Correo electrónico
purificacion.lopez.mahia@udc.es
Profesorado
Andrade Garda, Jose Manuel
Lopez Mahia, Purificacion
Muniategui Lorenzo, Soledad
Correo electrónico
jose.manuel.andrade@udc.es
purificacion.lopez.mahia@udc.es
soledad.muniategui@udc.es
Web http://http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Asignatura que trata sobre a problemática da análise de trazas e as metodoloxías de traballo aplicables. Planificación e execución das distintas etapas do proceso analítico para facer a análise de trazas. Vantaxes da automatización neste tipo de análise. Nesta materia iniciase ao alumno no coñecemento dos fundamentos das principais ferramentas quimiométricas aplicables tanto á calibración, deseño e optimización de experimentos e análise multivariante de datos, tan necesarias no mundo actual para resolver problemas analíticos concretos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se farán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen Lecturas Seminarios Proba mixta Atención personalizada *Metodoloxías docentes que se modifican Prácticas de laboratorio que ao non poder realizarse presencialmente na Facultade sustituiranse pola resolución dun caso práctico plantexado polo profesor a grupos de alumnos; coa entrega dun informe individual por alumno e outro informe grupal. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado - Correo electrónico: Diariamente. para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento do caso práctico. – Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade dos alumnos. Dispón de “foros temáticos” para formular as consultas necesarias. – Teams: 1 sesión semanal do grupo grande para o avance dos contidos teóricos e dos seminarios, na franxa horaria asignada á materia. De 1 a 2 sesións semanais (segundo necesidades dos alumnos) en grupo pequeno (< 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización do informe e presentación das lecturas, problemas plantexados nos seminarios e do plantexamento e resolución do caso práctico. 4. Modificacións na avaliación *Observacións de avaliación: - Resolución do caso práctico (que substituyen ás prácticas de laboratorio) coa mesma porcentaxe de calificación. Valorarase a adecuación metodolóxica, o plantexamento, detalle e claridade nos informes; asemade, a discusión crítica final do mesmo en función do problema a resolver. - Mantense o resto de metodoloxías da guía docente, salvo que a proba mixta faríase virtual ou telemáticamente (vía Moodle e/ou Teams), tanto na primeira como na segunda oportunidade. A situación é igual para o alumnado con adicación completa como para o alumnado con recoñecimento de adicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AL ESTUDIO DE LOS ESTUDIANTES DE GRADO EN LA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212). 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo en formato dixital no Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes