Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Analítica Avanzada e Quimiometría
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Lecturas C4 C6 C8 Valorarase o informe detallado das mesmas, no que o estudante debe identificar e xustificar as estratexias seguidas nas mesmas para a resolución dos problemas analíticos.
15
Seminario A15 A16 A20 A21 B2 B3 B4 C3 Valorarase a participación dos estudantes neles, ademáis da resolución das cuestións, casos e/ou problemas plantexados polo profesor. 15
Prácticas de laboratorio A15 A16 A17 A19 A20 A21 A22 A23 A26 B3 B4 B5 Valorarase tanto polo traballo experimental (destreza, actitude, orde, atención, interpretación dos resultados obtidos) como pola elaboración do diario de laboratorio.
25
Proba mixta A14 A15 C2 Realizarase un exame que consistirá en preguntas tipo test de resposta única, preguntas de resposta breve e problemas numéricos relacionados cos contenidos teóricos. Na proba obxectiva incluiranse algunhas preguntas relacionadas coas prácticas de laboratorio.
45
 
Observacións avaliación

O
traballo do alumno será avaliado de forma continua a través da asistencia ás
actividades avaliables, a súa participación nos seminarios, a
resolución de cuestións e problemas numéricos, informe das lecturas, prácticas
de laboratorio e pola proba mixta. 

A realización das prácticas é
obrigatoria e a súa non realización impide a superación da materia.

A
proba mixta consistirá en dúas partes: cuestións teóricas e exercicios
numéricos, cada unha delas deberá ser superada. No caso de superar algunha
das partes na primera oportunidade, ésta NON se conservará na segunda oportunidade.

PRIMEIRA
OPORTUNIDADE

Para superar a materia é preciso obter tanto na proba mixta coma nas prácticas de laboratorio unha nota
mínima de 5 (sobre 10). A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á cualificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables. 

O
alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non realice nin as
prácticas de laboratorio nin a proba mixta.

SEGUNDA
OPORTUNIDADE

Na segunda oportunidade realizarase a proba mixta cuxa
cualificación substituirá á obtida na primeira oportunidade manténdose as
calificacións das prácticas, seminarios e lecturas obtidas na primeira
oportunidade. A cualificación final da materia non será inferior á nota da proba mixta nin á calificación resultante de ponderar o resto de actividades avaliables. 

Os
alumnos avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra
se o número máximo destas para o correspondente curso non se cubriron na súa
totalidade na primeira oportunidade.

ESTUDANTES CON RECOÑECEMENTO DE ADICACIÓN
A TEMPO PARCIAL 

Aplícanse os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente.

ESTUDANTES CON DISPENSA ACADÉMICA DE EXENCIÓN DE ASISTENCIA (de acordo coa normativa da UDC):

O alumno con dispensa académica de exención de asistencia será avaliado segundo os mesmos criterios de avaliación indicados anteriormente (salvo na parte de Seminarios onde se terá en conta soamente a resolución de cuéstiones/problemas expostos polo profesor). A realización das prácticas facilitarase dentro da flexibilidade que permitan os horarios de coordinación e os recursos materiais e humanos. Isto aplica a ambas as oportunidades.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes