Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física 1
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Química Física 1 Código 610G01016
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Rodriguez Barro, Pilar
Correo electrónico
pilar.rbarro@udc.es
Profesorado
Rodriguez Barro, Pilar
Vilariño Barreiro, Maria Teresa
Correo electrónico
pilar.rbarro@udc.es
teresa.vilarino@udc.es
Web
Descrición xeral A Química Física adícase ao estudo dos principios físicos fundamentais que gobernan as propiedades e o comportamento dos sistemas químicos. Un sistema químico pode ser estudado dende un punto de vista microscópico ou macroscópico. Neste primeiro curso de Química Física introdúcese a metodoloxía do estudo microscópico dos átomos e as moléculas (Química Cuántica) e a metodoloxía que permite calcular propiedades macroscópicas dos sistemas en equilibrio a partires de propiedades moleculares (Termodinámica Estadística). Os contidos que se imparten nesta materia constituen os fundamentos teóricos imprescindibles para a materia de Química Física 2 e un marco de referencia para as demáis ramas da Química que necesariamente aplican boa parte dos conceptos estudados nesta materia ao desenvolvemento dos seus programas específicos.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos No se farán cambios 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se mantienen - Probas obxectivas (computan na avaliación) - Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computan na avaliación) *Metodoloxías docentes que se modifican - Sesión maxistral. No momento que se suspenda a docencia presencial as sesións maxistrais impartiranse por videoconferencias síncronas, facendo uso da ferramenta Teams. O horario das mesmas será o asignado á materia en Xunta de Facultade. - Seminarios. No momento que se suspenda a docencia presencial os seminarios impartiranse por videoconferencias síncronas, facendo uso da ferramenta Teams. O horario dos mesmos será o asignado á materia en Xunta de Facultade. - Prácticas (computan na avaliación) Programaranse videoconferencias síncronas para explicar as prácticas que se realizarán facendo uso da plataforma Moodle. - Proba mixta (computa na avaliación) No caso de que se suspenda a presencialidade, farase a través da plataforma Moodle. – Atención personalizada. Realizarase facendo uso dos mecanismos que se indican no apartado 3. 3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado -Correo electrónico: A demanda das necesidades dos estudantes. Empregarase fundamentalmente para facer consultas, resolver dúbidas e solicitar titorías. –Moodle: Indícanse as actividades para realizar antes e durante cada sesión de seminario, así como a descrición detallada dos traballos tutelados. Ademais, crearanse foros temáticos co obxecto discutir e resolver cuestións e problemas relacionados cos contidos da materia. As probas obxectivas realizaranse tamén facendo uso desta plataforma. A proba mixta, no caso de que se suspenda a docencia presencial, levará a cabo mediante o Moodle. – Teams: Empregarase para impartir, por videoconferencias síncronas, as sesións maxistrais e os seminarios no caso de que se suspenda a docencia presencial. Ademais, a demanda das necesidades dos estudantes, previa solicitude por correo electrónico, servirá como ferramenta para realizar titorías, expoñer traballos tutelados ou calquera outra actividade relacionada coa docencia da materia. 4. Modificaciones en la evaluación No haberá cambios mais aló de adaptar la prueba mixta al formato no presencial. *Observaciones de evaluación: 5. Modificaciones de la bibliografía o webgrafía Engadiranse ligazóns das edicións electrónicas dos textos que estean dispoñibles.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes