Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física 1
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicacións orais complementadas co uso de medios audiovisuais e a introdución de algunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de desenvolver os contidos básicos da materia e facilitar a súa aprendizaxe.
Seminario Actividade a desenvolver en grupos reducidos.
Estudo intensivo dos contidos desenvolvidos nas sesións maxistrais.
Discútense e resolvense cuestións e problemas relacionados cos contidos das materia, con apoio e supervisión directa do profesor.
Previamente á sesión presencial, a través da plataforma virtual, indícanse as actividades a realizar antes e durante cada sesión.
Prácticas de laboratorio Actividade práctica a desenvolver en grupos reducidos nos laboratorios de informática.
Propóñense e resolvense cuantitativa ou cualitativamente problemas relacionados cos contidos da Química Cuántica.
Empréganse programas informáticos de uso habitual en cálculos científicos.
O alumno deberá resolver e entregar un cuestionario referido ás prácticas desenvolvidas.
Traballos tutelados Actividades en grupo que pretenden promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor.
Propóñense actividades relacionadas cos seminarios da materia, que deben resolverse en grupo e explicarse posteriormente ao profesor nunha titoría presencial.
Só poderán participan os estudantes que asistan de modo regular aos seminarios da materia (80%).
Proba obxectiva Tres probas curtas ao longo do cuadrimestre,
- Primeira proba nas primeiras semanas do cuadrimestre: avalíase a aprendizaxe asociada aos contidos iniciais desenvolvidos na materia, os fundamentos básicos de Química Cuántica.
- Segunda proba a mediados do cuadrimestre: avalíase a aprendizaxe asociada á aplicación da Química Cuántica a sistemas sinxelos.
- Terceira proba a finais do cuadrimestre: avalíase a aprendizaxe asociada á aplicación da Química Cuántica a átomos e moléculas.
As probas poderán combinar preguntas de resposta múltiple e/ou de resposta breve.
Nunha sesión presencial posterior, resólvense e discuten as solucións correctas de cada proba, de tal modo que o alumno recibe retroalimentación de como está a ser o seu aproveitamento do curso.
Proba mixta Proba escrita final que combina preguntas de resposta múltiple ou de resposta breve con preguntas de resolución de problemas.
Avalíase a aprendizaxe asociada a todos os contidos desenvolvidos na materia.
Realízase nas datas aprobadas pola Xunta de Facultade do Centro.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes