Guia docenteCurso
Facultad de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Experimentación en Química Física
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Experimentación en Química Física Código 610G01019
Titulación
Grao en Química
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Terceiro Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Inglés
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Química
Coordinación
Vilariño Barreiro, Maria Teresa
Correo electrónico
teresa.vilarino@udc.es
Profesorado
Barriada Pereira, José Luis
Herrero Rodriguez, Roberto
Rodriguez Barro, Pilar
Sastre De Vicente, Manuel Esteban
Vilariño Barreiro, Maria Teresa
Correo electrónico
jose.barriada@udc.es
r.herrero@udc.es
pilar.rbarro@udc.es
manuel.sastre@udc.es
teresa.vilarino@udc.es
Web http://campusvirtual.udc.es
Descrición xeral Laboratorio integrado con especial énfase nas aplicacións das principais técnicas instrumentais. Nesta materia afóndase na metodoloxía experimental da Química Física e perséguese que o alumno interprete os resultados experimentais a partir dos modelos teóricos desenvolvidos na materia de Química Física 3. O desenvolvemento dun razoamento crítico que permita integrar o experimento cos fundamentos teóricos constitúe un aspecto de grande importancia na formación integral dun químico. Por outra parte, iníciase o estudante no manexo das técnicas instrumentais máis frecuentes en calquera laboratorio de Química.
Plan de continxencia 1. Modificación dos contidos. No se realizan cambios. 2. Metodoloxías. Ao tratarse dunha materia do segundo cuadrimestre pódense dar tres situacións diferentes: (A) docencia presencial total, si o acceso ao centro estivera permitido en horario e aforo sen restricións; (B) docencia presencial híbrida, si o acceso ao centro estivera restrinxido en horario e aforo; (C) docencia non presencial, si o acceso ao centro estivera totalmente prohibido. Neste último caso (C), a docencia sería totalmente non presencial. *Metodoloxías docente que se manteñen. Na situación (A) mantéñense todas. *Metodoloxías docentes que se modifican. Na situación (B) tanto os seminarios como as prácticas serán presenciais, mais o aforo limitado dos laboratorios pode facer necesario impartir parte da docencia práctica de xeito virtual, realizando actividades alternativas con materiais xerados polo profesorado da materia. Na situación (C), os seminarios desenvolveríanse totalmente online e as prácticas no laboratorio se substituirían por actividades alternativas deseñadas polo profesorado. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. Correo electrónico, titorías por Teams e foros en Moodle, con atención diaria no caso de correo electrónico e foros, e previa petición do alumnado no caso das titorías por Teams. 4. Modificacións na avaliación. Nas situacións (A) e (B), non se modifica nada, a proba mixta será presencial. Na situación (C), a avaliación será non presencial online, baseada nos contidos traballados con todos os grupos de estudantes. *Observación de avaliación: en todas a situacións mantéñense as mesmas que figuran na guía docente. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía. Na situación (A) ningunha; na situacións (B) e (C), engadiranse en moodle enlaces a recursos dispoñibles en formato electrónico ou online que puideran ser de libre acceso para todos os estudantes.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes