Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Experimentación en Química Física
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Prácticas de laboratorio A1 A14 A16 A17 A18 A19 A20 A22 B3 B4 B5 C1 C3 A avaliación das prácticas de laboratorio inclúe:
1) A avaliación continua do traballo realizado polo alumno no laboratorio, considerando as destrezas e conecementos adquiridos, as respostas ás cuestións formuladas durante o desenvolvemento dos experimentos e a obtención, análise e discusión dos datos experimentais.
A falta de coñecementos e/ou actitude no desenvolvemento do traballo práctico poderá ser causa suficiente de expulsión do laboratorio.
O estudante deberá completar o periodo de prácticas no laboratorio para poder superar a materia.
2) O informe elaborado para cada un dos experimentos desenvoltos, que ha de conter todos os datos experimentais, a súa análise e a discusión crítica dos resultados obtidos. Este informe debe ser redactado seguindo as pautas dun informe científico.
50
Proba mixta A1 A5 A14 A20 A21 B2 B3 C3 Proba escrita para avaliar os contidos traballados na materia, tanto o fundamento teórico dos esperimentos realizados como a análise e a discusión dos resultados experimentais.
Na primeira oportunidade constitúe o 50% da cualificación final, mais para superar a materia é necesario obter una cualificación mínima de 3.5 puntos sobre 10 na proba escrita.
Na segunda oportunidade, a cualificación da proba constitúe o 100% da cualificación final.
50
 
Observacións avaliación

A asistencia a todos os seminarios e prácticas é indispensable para que o alumno poida superar a asignatura.

Primeira oportunidade:

A avaliación continua do traballo feito no laboratorio, considerando as destrezas e coñecementos adquiridos, as respostas as cuestións formuladas no laboratorio a a análise e discusión dos datos experimentais, xunto co informe escrito constituirán o 50% da cualificación final. Unha prueba escrita
constituirá o outro 50% da cualificación final.

A materia será considerada como superada cando a media das cualificacións obtidas nas distintas actividades suxeitas a avaliación sexa igual ou superior a 5.0 puntos (sobre un máximo de 10) e a cualificación da proba escrita sexa igual ou superior a 3.5 puntos sobre 10.

No caso de non acadarse a cualificación mínima na proba escrita (3.5), ainda que a media das metodoloxías de avaliación sexa igual ou superior a 5.0, a materia figurará como suspensa (4.5).

A cualificación final do alumno poderá verse
modificada ao alza ata un máximo de 0.5 puntos pola avaliación global da progresión do alumno.

A cualificación de non presentado só a terán aqueles alumnos que non realicen ningunha sesión de prácticas no laboratorio.

Os
alumnos que sexan avaliados na chamada “segunda oportunidade” só
poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o
correspondente curso non se cubriran na súa totalidade na “primeira
oportunidade”

En caso de máis candidatos a matrícula que as dispoñibles
poderase realizar un exame adicional para decidir a asignación das mesmas.

Segunda oportunidade:

Os estudantes que non superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberan realizar un exame práctico no laboratorio.

Os estudantes que superaren a avaliación continua do traballo práctico no laboratorio deberan realizar unha proba escrita na aula que representará o 100% da cualificación final.

Os estudantes avaliados na segunda oportunidade só poderán optar a matrícula de honra se o número máximo destas para o correspondente curso académico non foi cuberto na súa totalidade na primeira oportunidade.

A proba mixta de cada oportunidade realizarase nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade.

Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia (de acordo coas normas da UDC):

Sendo unha materia experimental, a asistencia a todas as actividades é obrigatoria, de tal xeito que tratarase de adaptar os horarios das prácticas de laboratorio, na medida do posible, a dispoñibilidade dos estudantes.

Os criterios de avaliación, tanto na primeira como na segunda oportunidade serán os mesmos que para o resto do estudantado.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes