Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física Avanzada
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas clases de exposición serán introducidos os conceptos, modelos, métodos e teorías dos contidos fundamentais do programa do curso.
Glosario Elaboración dunha lista de conceptos clave (termos, autores, ecuacións típicas, ...), coa súa explicación, que xorden en cada tema. É unha actividade de Moodle na que o número de conceptos por alumno é limitado, buscando a máxima participación.
Seminario Esta actividade realizarase en grupos reducidos.
Algúns conceptos serán enfatizados mediante o desenvolvemento detallado de exercicios estándar e resolveranse as dúbidas plantexadas polo alumno.
Proba de ensaio Periódicamente ao final de cada unidade temática, incluído o/s seminario/s correspondente, proporase unha proba / ensaio durante as clases do seminario, para que o alumno poida demostrar o uso e participación nestas sesións. Contémplase que se faga a través de Moodle en datas concretas e nun tempo determinado. O obxectivo non só é facer un seguimento da evolución dos estudantes, senón tamén impulsar o sistema de avaliación continua.
Prácticas de laboratorio Realizaranse experimentos relacionados cos conceptos abordados no curso. Constará de tres fases:
O primeiro refírese a completar un cuestionario a través de Moodle relacionado co/s experimento/s que corresponde desenvolver no laboratorio.
O segundo inclúe o traballo do estudante no laboratorio: planificación do experimento, desenvolvemento e análise de resultados.
O terceiro consiste na elaboración do informe de resultados, que de avaliará tendo en conta a súa presentación, xustificación metodolóxica e a interpretación, así como a comparación con resultados bibliográficos.
Proba mixta Resolución de cuestións de teoría e exercicios relacionados cos temas abordados nas clases expositivas, nas prácticas de laboratorio ou seminarios. O alumno debe demostrar de forma independente e nun intervalo de tempo predefinido, o coñecemento adquirido e a capacidade de resolver ejercicios e/ou cuestións conceptuais.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes