Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Química
 Asignaturas
  Química Física Avanzada
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Glosario A1 A14 B1 Elaboración dun glosario de termos / conceptos, ... que xorden en cada tema. Para obter a puntuación máxima, cada alumno deberá propoñer un máximo de dez termos que abranguen todos os temas do contido. 10
Prácticas de laboratorio A19 A20 A22 A23 A25 A27 B1 B3 B4 C3 Na avaliación desta actividade terase en conta o cuestionario Moodle, o traballo de laboratorio e o Informe de resultados (escrito ou como exposición oral):
-Comprensión do guión do (s) experimento (s) a través dun cuestionario en Moodle antes do desenvolvemento do experimento no laboratorio.
-Desenvolvemento do experimento no laboratorio: planificación, recollida de datos e análise.
-Informe de laboratorio que reflicte a presentación e o tratamento cuantitativo dos resultados experimentais e a súa explicación a partir de modelos teóricos. os resultados obtidos e o informe preparado (escrito ou exposición oral).
15
Proba mixta A1 A3 A4 A10 A14 A20 A realización da proba escrita consta de cuestións teóricas e prácticas derivadas dos contidos teóricos do curso, dos seminarios e das prácticas.
Para aprobar a asignatura é necesario superar as prácticas e as probas mixta e de ensayo. A puntuación obtida dunha actividade superada, manterase nas seguintes convocatorias do curso (segunda oportunidade).
De non superar a proba mixta e de ensaio, ainda que a media das actividades sexa superior a 5, a calificación numérica que figure na Acta será a puntuación obtida nas probas.
O alumno obterá a cualificación de Non Presentado cando non faga as prácticas de laboratorio e, por tanto, tampouco se presente as probas.
50
Proba de ensaio A14 B3 C6 Ao longo do curso haberá catro / cinco probas curtas cunha duración inferior a 30 min, cada unha relacionada coas unidades temáticas do contido. O desenvolvemento a través de Moodle preferirase sempre que sexa posible. 25
 
Observacións avaliación

-A asistencia a totalidade das prácticas de laboratorio e a entrega do correspondente Informe son actividades obrigatorias pa todo o alumnado.

 -A asistencia os seminarios non e obrigatoria para o alumno con dispensa académica. En caso de non poder participar nas probas de ensaio, a correspondente calificación sumarase a proba mixta.

 -Para superar a asignatura será necesario obter unha nota non inferior a 5.0 sobre 10 en todas as actividades evaluables.

 -A calificación de matrícula otorgarase preferentemente na primeira oportunidade.

 -Segunda oportunidade: repetición da proba mixta sobre contidos dos seminarios, prácticas e clases de teoría. Aqueles alumnos que non acadaron un 5.0 sobre 10 nas probas de ensaio, a calificación desta proba sumase a da proba mixta.
 
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes